Luís Viñas Cortegoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís Viñas Cortegoso
Nacemento25 de marzo de 1912
 Pontevedra
Falecemento2000
 Vigo
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Luís Viñas Cortegoso, nado en Pontevedra o 25 de marzo de 1912 e finado en Vigo en 2000,[1] foi un editor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Joaquín Viñas del Monte e sobriño de José Viñas del Monte. Estudou Maxisterio na Normal de Pontevedra e obtivo o título en 1931. Exerceu como mestre de escola en Galicia. Trasladouse a Madrid en 1934 para ampliar os seus estudos na Institución Libre de Enseñanza. Profesor de instituto, foi depurado tras a guerra civil española pola súa relación co galeguismo, e tivo que comezar a vivir das artes gráficas. Ata 1950 non puido acceder a Inspector de Ensino Primario. Fundou, xunto con Xosé María Álvarez Blázquez, a Editorial Monterrey, e máis adiante, foi socio fundador da Editorial Galaxia. Anotou e editou a Vida y viajes literarios de Frei Martín Sarmiento (Edicións Monterrey, Vigo, 1952).

Nas eleccións xerais de 1977 ocupou o terceiro posto na candidatura do PSG pola provincia de Pontevedra.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Viejo, Breixo (2012). "A arte de facer libros". A Trabe de Ouro (90): 275–291. 
  2. La Voz de Galicia, 8-5-1977, p. 37.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Viejo, Breixo (2012). "A arte de facer libros: traxectoria editorial e galeguista de Luis Viñas Cortegoso". A Trabe de Ouro (Sotelo Blanco) (90): 275–291. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Luís_Viñas_Cortegoso&oldid=5227760"