Luciano Puga Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luciano Puga Blanco
Luciano Puga Blanco.JPG
Nacemento30 de decembro de 1842
 Proente
Falecemento24 de setembro de 1899
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico e maxistrado
FillosManuel María Puga y Parga
editar datos en Wikidata ]

Luciano María Puga Blanco, nado en Proente (A Merca) o 30 de decembro de 1842 e finado na Coruña o 26 de setembro de 1899[1], foi un xurista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel María Puga Feijoo. Licenciado en Dereito Civil e Canónico pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorado pola Universidade Central de Madrid en 1867. Foi alcalde de Santiago de Compostela (1870-1871), deputado en Cortes polo distrito de Santiago de Compostela (1871-1871) e polo da Coruña (1884-1886), e gobernador do Banco Español na Habana (1891). Foi senador pola Real Sociedad Económica Matritense de Amigos del País (1891) e pola provincia cubana de Matanzas (1893). Ao regresar de Cuba foi nomeado fiscal do Tribunal Supremo (1895). Dirixiu o xornal coruñés El Clamor de Galicia (1881-1882). Defendeu a Curros Enríquez cando foi condenado por Aires da miña terra e publicou Informe oral pronunciado por (...) en defensa de D. Manuel Curros Enríquez (1881).


Predecesor:
?
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1870 - 1871
Sucesor:
?

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Idea Moderna, 28-9-1899, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Luciano_Puga_Blanco&oldid=5186064"