Lugar de interese xeolóxico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Un lugar de interese xeolóxico (LIX) é unha zona xeolóxica única ou de interese científico ou divulgativo catalogada para a súa promoción e protección no estado español. Estes lugares xeolóxicos decláranse pola presenza de estruturas xeolóxicas, de formas do terreo e elementos do seu modelado, de tipos de solo, de rochas ou dunha composición mineral, de fósiles ou meteoritos presentes, entre outros, e que son de interese para entender as orixes e evolución das formación xeolóxicas, da vida e do planeta.[1][2]

A declaración destas zonas está amparada pola lei 42/2007 española[3] e actualízase no catálogo de lugares de interese xeolóxico, que é un traballo de colaboración entre o estado, as comunidades autónomas e entidades científicas. En 2017Andalucía, Aragón, Cataluña, e Euskadi contaban con inventarios propios e oficiais. Nas demais comunidades é o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IXME) quen mantén o rexistro de lugares de interese xeolóxico actualizado, en colaboración con organismos científicos. O IXME cataloga estes lugares indicando se é un proxecto cartográfico propio, das autonomías ou para o proxecto internacional Geosites.[4]

O número de LIX en España en 2015 foi de 2787, entre os cales estaban 276 unidades declaradas como Global Geosites. Galicia conta con 62 LIX, dos cales 16 son geosites.[2]

Lugares de interese xeolóxico de Galicia[editar | editar a fonte]

Geosites[editar | editar a fonte]

Galicia contaba en 2011 con 16 espazos de interese xeolóxico de relevancia internacional, ou geosites:[5]

Dobra de Campodola-Leixazos, no concello de Quiroga na Serra do Courel.
  • Os pregues tumbados da Serra do Courel: 5 LIXs tectónicos no manto de Mondoñedo, do Oróxeno Varisco Ibérico formados no carbonífero inferior.
Praia de Augas Santas, Ribadeo.
  • A zona de cizalla basal do manto de Mondoñedo: 5 LIXs tectónicos do dominio do manto de Mondoñedo, na zona asturoccidental-leonesa formados entre o carbonífero inferior e o medio.
    • Costa da provincia de Lugo en Foz, Foz.
    • Costa da provincia de Lugo entre Fazouro e Nois.
    • Costa da provincia de Lugo entre Foz e Burela (Cangas).
    • Costa da provincia de Lugo entre Foz e Burela (Praia de Areoura).
    • Costa da provincia de Lugo en Burela, Burela.
Cabo Ortegal, Cariño.
  • O complexo do Cabo Ortegal: 5 LIXs tectónicos do complexo de Cabo Ortegal, do Oróxeno Variso Ibérico formados no ordovícico-silúrico.
Fervenzas do Ézaro, Ézaro, Dumbría.
  • A fervenza do Ézaro: é o tecido xeomorfolóxico dunha rede fluvial, de rañas e relevos do macizo Ibérico, formado no cenozoico e posiblemente ata o cuaternario. Atópase entre Dumbría, Carnota e Mazaricos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Geológico y Minero de España (eds.). "Patrimonio Geológico y geodiversidad de España: Patrimonio geológico". 
  2. 2,02,1 Luis Carcavilla. Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. Gobierno de España, eds. Inventario español de lugares de interés geológico: Informe. Espacios y/o de interés. 
  3. Boletín Oficial del Estado, eds. (15/12/2007). "Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. «BOE» núm. 299, de 14/12/2007.". Consultado o 2017-10-03. 
  4. Instituto Geológico y Minero de España (eds.). "Base de datos del Inventario Español de Lugares de interés geológico". 
  5. Instituto Geológico y Minero de España (eds.). "Proyecto Global Geosites". 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lugar_de_interese_xeolóxico&oldid=4539165"