Lugonovo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lugonovo
Candidatura municipal
Historia
Fundación 2015
Posicións políticas
Ideoloxía Democracia Participativa
Galeguismo
Esquerdismo
Representación
Concelleiros en Lugo
3 / 25
Outros datos
Páxina web lugonovo.gal

Lugonovo é un movemento cidadán e político creado na cidade de Lugo que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015 obtendo tres concelleiros. Xurdiu da confluencia de Gañemos Lugo e Lugo en Común como ferramenta política de loita contra o que identificaba como un proceso de "descomposición institucional".

O candidato nas eleccións de 2015 foi o mestre de Abadín Santiago Fernández Rocha. Logo das Eleccións municipais de 2015 en Galicia Lugonovo puxo como condición de investidura dunha candidata ou candidato do Partido dos Socialistas de Galicia a renuncia [1] de Xosé López Orozco, alcalde até aquel momento, pola súa vinculación con varios casos de corrupción [2].

Na creación do movemento participaron diversos partidos políticos, como Anova, Podemos e Espazo Ecosocialista Galego, mais a diferenza doutros municipios non Esquerda Unida[3] que decidiu apoiar á candidatura Alternativa Cidadá de Esquerdas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lugonovo&oldid=4709998"