Luis García Berlanga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Luis García Berlanga

Sos del Rey Católico 25.JPG
Escultura de Berlanga en Sos del Rey Católico, Zaragoza

Información persoal
Nacionalidade Española
Data de nacemento 12 de xuño de 1921
Lugar de nacemento Valencia, España España
Data de falecemento 13 de novembro de 2010
Lugar de falecemento Madrid, España España
Filmografía
Películas dirixidas 17 longametraxes e 6 curtametraxes
Películas guionizadas 30
Películas producidas 1

Ficha en IMDb

Luis García-Berlanga Martí, nado en Valencia o 12 de xuño de 1921 e finado en Madrid o 13 de novembro de 2010[1][2], foi un director e guionista de cine español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De mozo decidiu estudar Dereito e Filosofía e Letras pero a súa verdadeira vocación conduciuno a ingresar no Instituto de Investigacións e Experiencias cinematográficas de Madrid en 1947. Durante a súa xuventude uniuse á División Azul para evitar represións políticas polo cargo que o seu pai desenvolvera durante a República (foi gobernador de Valencia).

Debutou como director en 1951 coa película Esa pareja feliz, na que colaboraba con Juan Antonio Bardem. Xunto a este, é considerado un dos renovadores do cine español da posguerra. Entre as súas películas destacan títulos coma Bienvenido, Mister Marshall ou El verdugo. Traballou en sete ocasións co guionista Rafael Azcona.

O seu cine caracterízase pola súa retranca e as súas sátiras de diferentes situacións sociais e políticas. Na etapa da ditadura franquista despuntou a súa habilidade para burlar a censura da época e levar a cabo proxectos tan atrevidos coma Los Jueves Milagro.

En 1986 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes e en 1993 o Goya ó mellor director por Todos a la cárcel. A súa película Plácido foi nomeada para o Oscar á mellor película estranxeira en 1961. Recibiu a Medalla de Ouro das Belas Artes en 1981, o Premio Nacional de Cinematografía en 1980 e a orde italiana de Commendatore. Obtivo premios e galardóns internacionais nos máis importantes festivais (Cannes, Venecia, Montreal, Berlín...). No Festival de Karlovy Vary foi elixido coma un dos dez cineastas máis relevantes do mundo. Ademais, posúe un incontable número de recoñecementos nacionais.

Foi pai de Carlos Berlanga, músico, compositor e importante precursor da movida madrileña e da música pop dos anos 80, falecido en 2002 a causa dun cancro.

Faleceu na súa casa de Madrid aos 89 anos o 13 de novembro de 2010, e foi enterrado en Pozuelo de Alarcón.[3]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

  • Esa pareja feliz (1951). Codirixida con Juan Antonio Bardem
  • Bienvenido, Mister Marshall (1953)
  • Novio a la vista (1954)
  • Calabuch (1956)
  • Los jueves, milagro (1957)
  • Plácido (1961)
  • El verdugo (1963)
  • Las pirañas (1967)
  • ¡Vivan los novios! (1970)
  • Tamaño natural ("Grandeur nature" en francés, 1973)
  • La escopeta nacional (1978) Primeira parte da triloxía nacional.
  • Patrimonio nacional (1981) Segunda parte da triloxía nacional.
  • Nacional III (1982) Terceira parte da triloxía nacional.
  • La vaquilla (1985)
  • Moros y cristianos (1987)
  • Todos a la cárcel (1993)
  • París-Tombuctú (1999)

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Tres cantos (1948)
  • Paseo por una guerra antigua (1948). Codirixida con Juan Antonio Bardem, Florentino Soria e Agustín Navarro.
  • El circo (1949)
  • Se vende un tranvía (1959)
  • Las cuatro verdades ("Les quatre vérités" en francés, 1963), episodio La muerte y el leñador
  • El sueño de la maestra (2002)

Nomeamentos e premios[editar | editar a fonte]

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
1994 Película Todos a la cárcel Gañadora
1994 Director Todos a la cárcel Gañador
1994 Guión original Todos a la càrcel Candidato
1988 Guión orixinal Moros y cristianos Candidato

Festival de Cannes[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
1981 Palma de Ouro Patrimonio Nacional Candidata
1970 Palma de Ouro ¡Vivan los novios! Candidata
1962 Palma de Ouro Pácido Candidata
1962 Palma de Ouro Bienvenido, Mister Marshall Candidata
1962 Guión Bienvenido, Mister Marshall Gañadora

Festival de Venècia[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
1963 León de Ouro El verdugo Candidata
1963 FIPRESCI El verdugo Gañadora
1956 León de Ouro Calabuch Candidata

Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película
1951 Premio Jimeno Esa pareja feliz
1953 Mellor argumento orixinal Bienvenido, Mister Marshall
1959 Mellor argumento orixinal Los jueves, milagro
1961 Mellor director Plácido
1963 Mellor argumento orixinal El verdugo
1993 Mellor director Todos a la cárcel

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Luis_García_Berlanga&oldid=4622361"