Luis Salvador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luis Salvador
Nacemento24 de agosto de 1968
 Zaragoza
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

Luis Carlos Salvador Martínez, nado o 24 de agosto de 1968 en Zaragoza é un ex-xogador de fútbol que xogaba na demarcación de dianteiro centro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Real Zaragoza, xogando no Deportivo Aragón filial do club maño co que case acada o ascenso a Segunda División na tempada 1987/88.

Finalmente debuta co primeiro equipo na tempada 1988/89, o equipo remataría o curso na 5ª posición, clasificándose para a Copa da UEFA. Porén a tempada seguinte volve competir co filial.

Na tempada 1990/91 alternou o filial co primeiro equipo, case acadando o ascenso co primeiro e salvandose do descenso co segundo.

Finalmente márchase cedido ao Celta de Vigo ao non ter continuidade en Zaragoza. Tras unha boa tempada o Celta consigue a carta de liberdade no Zaragoza e ficha en propiedade polo Celta.

A tempada 1993/94 remata ca final da Copa do Rei que o Celta perde precisamente ante o Real Zaragoza o 20 de abril de 1994.

A tempada seguinte fichou polo CA Osasuna acabado de ascender a Segunda División, onde militaría dous anos antes de volver a Galiza para xogar no Racing de Ferrol.

Tras xogar unha tempada no CD Binéfar da Terceira División, co que acada o ascenso a Segunda División B, volve definitivamente a Galiza para xogar no Porrio Industrial CF co que tamén rematará como campión do seu grupo.

No ano 1999 retirouse do fútbol en activo, pasando ao pouco tempo a ser o Director Deportivo do Porriño Industrial.

Na tempada 2004/05 incorpórase ao organigrama das categorías inferiores do Celta de Vigo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Luis_Salvador&oldid=4957150"