Luz Pozo Garza
Luz Pozo Garza | |
---|---|
![]() Luz Pozo no plenario da RAG con motivo da votación para a escolla de novo presidente.
|
|
Nacemento | 21 de xullo de 1922 (95 anos) |
Lugar | Ribadeo ![]() |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta e escritor |
Cónxuxe | Eduardo Moreiras |
Xéneros | Poesía, ensaio |
Premios | Medalla Castelao e Premio da Crítica de poesía galega |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922, é unha poeta galega e membro da Real Academia Galega.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Con catorce anos, por mor da Guerra civil española e da persecución da que foi obxecto seu pai, trasladouse coa súa familia primeiramente a Lugo e, logo, a Larache (Marrocos). De volta en Galicia, instalouse en Viveiro. Ten estudos musicais que deixarán unha singular pegada na súa poética, estudos de maxisterio e de filoloxía románica. Posteriormente desenvolveu en Vigo unha longa traxectoria de docente de lingua e literatura españolas no ensino secundario, xubilándose en 1987 no Instituto de Nigrán. Entre 1975 e 1976 codirixiu a revista Nordés xunto a Tomás Barros. Promoveu tamén a creación da revista Clave Orión.
É membro da Real Academia Galega dende o 29 de novembro de 1996. O seu discurso de ingreso na RAG titulouse Diálogos con Rosalía e foi respondido por Xesús Alonso Montero.
Luz Pozo Garza é, segundo Rosario Álvarez[1] "unha voz ilustre na nosa poesía desde a publicación do seu primeiro poemario en galego, O paxaro na boca (1952), que inaugurou a colección Xistral". Na súa obra posterior Luz Pozo achega unha poesía inzada de sensualidade e profunda, na cal o amor, a inquedanza existencial, a patria, a liberdade e mesmo a morte se entrecruzan compondo textos de sublime autenticidade e madurez.
No 2001 foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
O concello de Culleredo adicoulle unha rúa no Burgo, ao igual que o da Coruña.[2]
Obra en galego[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- O paxaro na boca, 1952, Colección Xistral.
- Últimas palabras / Verbas derradeiras, 1976, A Coruña: Nordés. Versión galega autotraducida do orixinal castelán.
- Concerto de outono, 1981, Edicións do Castro.
- Códice calixtino, 1986, Sotelo Blanco.
- Prometo a flor de loto, 1992, Deputación da Coruña.
- Vida secreta de Rosalía, 1996, Espiral Maior.
- Ribadeo, Ribadeo, 2002, Xunta de Galicia.
- Medea en Corinto, 2003, Linteo, edición bilingüe galego-castelán.
- Historias fidelísimas: poesía selecta 1952-2003, 2003, PEN Clube de Galicia.
- Memoria solar (obra poética íntegra), 2004, Linteo.
- As arpas de Iwerddon, 2005, Linteo.
- As vodas palatinas, 2005, Espiral Maior.
- Deter o día cunha flor, 2009, Baía Edicións. Con ilustracións de José Valentín.
- Rosa tántrica, 2016, Alvarellos.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- A bordo de "Barco sen luces" ou o mundo poético de Luís Pimentel, 1990, Sotelo Blanco. Edición corrixida e ampliada no 2011, publicada en Alvarellos.
- Álvaro Cunqueiro e "Herba aquí ou acolá", 1991, Galaxia.
- Galicia ferida: a visión de Luís Seoane, 1994, Edicións do Castro.
- Diálogos con Rosalía, 1996, Real Academia Galega.
- Ondas do mar de Vigo: erotismo e conciencia mítica nas cantigas de amigo, 1996, Espiral Maior.
- Tres poetas medievais da ría de Vigo, 1998, Galaxia.
En antoloxías e obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Edicións do Castro.
- I Festival de Poesía no Condado, 1981, S. C. D. Condado.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro.
- Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas, 1998, Galaxia.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram. Por Arturo Casas.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Poemas de amor. Xeración dos 50, 2004, Tórculo. Por Maximino Cacheiro Varela.
- Son de poesía, 2005, Edições Fluviais, Lisboa.
- Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
- Poemas pola memoria (1936-2006), 2006, Xunta de Galicia.
- Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña, 2008, Espiral Maior.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
- Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
- Poemas para Carmen Blanco, 2010, Libros da Cebra.
- Poetas con Valente, 2010, Universidade de Santiago de Compostela.
- To The Winds Our Sails, 2010, Salmon Poetry. Tradución do galego ao inglés.
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
- Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012, A. C. Alexandre Bóveda.
- Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, 2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo.
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
Obra en castelán[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Ánfora, 1948, Vigo.
- El vagabundo, 1952, Ribadeo.
- Cita en el viento, 1962, edición da autora, Viveiro.
- Últimas palabras/Verbas derradeiras, 1976. A Coruña: Nordés.
- Sol de medianoche, 2013, Eurisaces.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio á Creación Feminina da Consellería de Cultura no 1991, por toda a súa traxectoria literaria.
- Premio Celanova Casa dos Poetas no 2001.
- Premio Miguel González Garcés no 1992, por Prometo a flor de loto.
- Premio da Crítica de poesía galega no 2009, por Deter o día cunha flor.
- Premio Cultura Galega das Letras da Xunta de Galicia no 2013.
- Premio Laxeiro no 2014.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Códice calixtino de Luz Pozo Garza, de Carmen Panero, 1993, Edicións do Cumio.
- Luz Pozo Garza: Códice Calixtino (curso de orientación universitaria), de Xosé Manuel Fernández Costas e Henrique Rabuñal, 1993, Baía Edicións.
- Códice calixtino, Luz Pozo Garza, de Anxos Sanmartín, 1994, Sotelo Blanco.
- Códice Calixtino de Luz Pozo Garza, de Helena González, 1997, Xerais.
- Entre la llum i l'ombra: l'obra poètica de Luz Pozo Garza, de Victoria Sanjurjo Fernández, 1998, Parsifal, Barcelona.
- Luz Pozo Garza: a ave do norte, de Carmen Blanco, 2002, Linteo.
- Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza, de Aurora López e Andrés Pociña, 2014, Alvarellos.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Luz Pozo Garza na Biblioteca Virtual Galega.
- Luz Pozo Garza na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Biografía e un poema
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros
Galegos, TVG, 21/06/2014.
|
|