Música de cámara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federico II o Grande executando un concerto de frauta no seu Palacio de Sanssouci, por Adolph von Menzel.

Música de cámara é aquela composta para un reducido grupo de instrumentos no cal cada intérprete toca unha parte diferente, en contraposición á música orquestal. O nome fai alusión aos lugares nos que ensaiaban pequenos grupos de músicos durante a Idade Media e o Renacemento, pequenas habitacións chamadas cámaras[1], polo que a intimidade é outra das características deste tipo de música. Non se adoita incluír a música vocal, nin obras para un só instrumento.[2]

Os músicos adoitan disporse de xeito que poidan mirarse entre si, para unha mellor coordinación, dado que tampouco se precisa un director na maioría dos casos. O número de instrumentos pode variar entre dous e non máis de vinte.

O poeta alemán Goethe describiu a música de cámara (en concreto os cuartetos de corda) como "catro persoas racionais conversando"[3], en referencia á forma en que un instrumento presenta unha melodía ou motivo, que é respondido con motivos similares polo resto de instrumentos, outra das características das obras camerísticas.

A maioría dos modernos auditorios contan con espazos específicos para concertos de música de cámara, máis reducidos que a sala principal, adicada ás grandes orquestras e espectáculos doutra índole.

Historia[editar | editar a fonte]

O auxe da música instrumental xorde no Renacemento, á medida que a música culta sae do ámbito exclusivamente aristocrático e comeza a interesar a unha burguesía en crecemento. A época barroca caracterízase pola aparición dun novo instrumento, o violín, así como a nova forma da sonata; os compositores máis destacados son Corelli, Telemann e Bach. O período clásico caracterizouse novamente polo desenvolvemento doutro instrumento que adquire protagonismo, o pianoforte, precursor do actual piano, ademais de polos cuartetos de corda (dous violíns, viola e violoncello). Destacan as obras camerísticas de Haydn, Mozart ou Beethoven. A música de cámara sofre certo esquecemento durante o romanticismo, para volver rexurdir no século XX con compositores como Schönberg, Shostakovich ou Stravisnkii.

Agrupacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha lista parcial das agrupacions ou "ensambles" máis comúns na música de cámara.

N.º de músicos Nome Agrupacións comúns Instrumentación Comentarios
2 Dúo Dúo de pianos 2 pno Sonata KV 448 de Mozart; Variacións sobre un tema de Haydn, Op. 56b de Johannes Brahms; etc. Mentres que o piano a catro mans pode ser unha forma apta para afeccionados, aquí esíxese ter dous teclados, algo que só está ao alcance de músicos profesionais.
Dúo instrumental calquera instrumento + pno Atópase especialmente como sonatas instrumentais (por exemplo, sonatas para Vln, Vc, Vla, Cor, Fg, Cl, Fl).
Dueto Dueto de piano 1 pno a 4 mans Mozart, Beethoven, Schubert e Brahms (pezas orixinais e moitas transcricions das súas propias obras); durante moito tempo foi a forma musical preferida para executar música en familia, cun extensísimo repertorio de todos os tipos de transcricions doutros xéneros (óperas, sinfonías, concertos, etc.)
Dueto vocal voz, pno Usado comunmente nas cancións ou lieder.
Dueto instrumental 2 instrumentos calquera, iguais ou non Dúos de Mozart para vn e va; dúo de Beethoven para va e vc; dúos de Béla Bartók para 2 vn.
3 Trío Trío de cordas Vln, Vla, Vc Un exemplo destacado é o Divertimento KV 563 de Mozart; as obras de Beethoven chámanse tríos ou serenatas.
Trío de piano Vln, Vc, Pno É un dos xéneros máis importantes de toda a música de cámara: Haydn, Mozart, Beethoven, Schumann, Brahms e moitos outros.
Voz, viola e piano sop, vla, pno O Trío de William Bolcom Let Evening Come para soprano, viola e piano, e de Brahms Zwei Gesänge für eine Altstimme mit Bratsche und Pianoforte, Op. 91, para contralto, viola e piano.
Clarinete, viola e piano cl, vla, pno KV 498, de Mozart e outras obras de Robert Schumann e Max Bruch
Clarinete, violoncello e piano cl, vc, pno Trío Op. 11 de Beethoven, así como a súa propia transcrición, Op. 38, do Septeto, Op. 20; o trío Op. 114 de Brahms, e o Op. 3 de Alexander von Zemlinsky.
Voz, clarinete e piano voz, cl, pno Der Hirt auf dem Felsen de Franz Schubert, D965 e Schon lacht der holde Frühling, KV 580 de Wolfgang Amadeus Mozart
Frauta, viola e Arpa fl, vla, hrp Obras famosas de Debussy e Arnold Bax
Clarinete, Violín e Piano cl, vln, pno É unha invención do século XX, pero aumenta en popularidade; ademais da suite da Historia do Soldado de Stravinskii, hai composicións famosas de Bartók (Contrastes, que Bartók mesmo gravou con Josef Szigety e Benny Goodman), Milhaud e Khachaturian.
Trío para trompa cor, vl, pno Obras do século XIX; especificamente o Trío en Mib Op. 40 de Brahms.
Soprano, trompa e piano sop, cor, pno Auf dem Strom de Franz Schubert.
Trío de canas Ob, Cl, Fg Compositores do século XX e transcricións de obras máis antigas, por exemplo os divertimentos de Mozart para 3 corni di bassetto.
4 Cuarteto Cuarteto de corda 2 Vln, Vla, Vc É a forma máis consagrada da música de cámara; numerosos exemplos de Haydn, o seu creador, e logo de Mozart e Beethoven; Schubert, Schumann, Brahms e moitísimos mais
Cuarteto con piano Vln, Vla, Vc, Pno Aquí todo o espectro sonoro do piano está equilibrado polos tres instrumentos de corda. Exemplos: os dous Cuartetos de Mozart, KV 478 e 493; os Cuartetos xuvenís de Beethoven; o Cuarteto de Schumann, os Cuartetos de Brahms
Vln, Cl, Vc, Pno É difícil de atopar; un exemplo famoso é Quatuor pour la fin du temps (‘Cuarteto para o fin dos tempos’, de Olivier Messiaen; menos famoso: Paul Hindemith (1938), Walter Rabl (Op. 1, de 1896).
Cuarteto para instrumento de vento e trío de cordas Fl, Ob, Cl o Fg; Vln, Vla, Vc Xénero moi popular, sobre todo entre fins do século XVIII e principios do XIX. Exemplos de Mozart (4 para fl, 1 para Ob); de Devienne (para Fg); de Krommer (varios para Cl). O cuarteto con Cl de Penderecki debe ser considerado (segudo o propio compositor) como un cuarteto de cordas onde o 2º violín está substituído por un clarinete
5 Quinteto Quinteto con piano 2 Vln, Vla, Vc, Pno Exemplos importantes son os de Schumann, Brahms, Bartók e Shostakovich
Vln, Vla, Vc, Cb, Pno Unha instrumentación rara, utilizada por Franz Schubert no seu quinteto A Troita.
Quinteto de ventos Fl, Cl, Ob, Fg, Cor É unha creación do século XIX, sobre todo de Antonín Reicha e de Franz Danzi.
Quinteto de cordas 2 Vln, Vla, Vc (con Vla o Vc adicional) En Mozart, Beethoven, Brahms e Bruckner atópase a variedade con 2ª Vla; en Boccherini e Schubert, con 2º violoncello; noutros casos agregase un cb.
Quinteto de metal 2 Trp, Cor, Trb, Tuba Creación do século XX; recorre moitísimo a transcricións de todos os tipos de obras de todas as épocas.
Quinteto con clarinete Cl, 2 Vln, Vla, Vc Importantísimos os de Mozart, KV 581, de Weber, Op. 34 e de Brahms, Op. 115. No Quinteto de Hindemith, o solista debe alternar entre un cl en Sib e outro en Mib. Numerosos exemplos.
6 Sexteto Sexteto de cordas 2 Vln, 2 Vla, 2 Vc Sextetos op. 18 e op. 36 de Brahms e a versión orixinal de Verklärte Nacht, Op. 4 de Schoenberg
Sexteto con piano 2 Vln, Vla, Vc, Cb, Pno Hai un exemplo de Mendelssohn.
Sexteto de ventos 2 Ob, 2 Cor, 2 Fg o 2 Cl, 2 Cor, 2 Fg Mozart empregou a forma con Ob nas súas composicións para Salzburgo e a segunda para a versión primitiva da Serenata KV 375; Beethoven utilizou a forma con Cl; hai abundantes exemplos entre ca. 1780 e 1820.
Piano e quinteto de ventos Fl, Ob, Cl, Fg, Cor, Pno Sexteto de Francis Poulenc.
Cl, 2 Vln, Vla, Vc, Pno Un exemplo da Obertura dos Temas hebreos op. 34, de Serguéi Prokófiev.
7 Septimino Septeto para ventos e cordas Cl, Cor, Fg, Vln, Vla, Vc, Cb Popularizado polo Septimino op. 20 de Beethoven, con outros exemplos como Berwald, etc.
8 Octeto Octeto para ventos e cordas Cl, Cor, Fg, 2 Vln, Vla, Vc, Cb Popularizado polo Octeto D. 803 de Schubert, inspirado polo Septeto de Beethoven.
Octeto de cordas 4 Vln, 2 Vla, 2 Vc Popularizado polo Octeto de cordas op. 20, de Felix Mendelssohn.
Cuarteto dobre 4 Vln, 2 Vla, 2 Vc Dous cuartetos de cordas arranxados antifonicamente. O Octeto, Op. 291, de Milhaud está formado por dous cuartetos (os números 14 e 15 do seu autor), que se executan simultaneamente.
Octeto de ventos 2 Ob, 2 Cl, 2 Cor, 2 Fg (na maioría dos casos); Fl, Cl, 2 Fg, 2 Trp, Trb, Trb baixo (Stravinsky) Numerosos exemplos dos séculos XVIII e XIX, época na que moitas óperas famosas foron obxecto de transcrición; ademais das obras orixinais, que compuxieron, entre outros, Johann Sebastian Bach, Mozart (Serenatas KV 375 e 388), Beethoven (Op. 103), Krommer e Shigeru Kan-no. O octeto de Stravinsky, estrenado en 1923, destaca pola súa rarísima instrumentación (nin as trompetas nin os trombóns son habituais na música de cámara).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2016-12-03. 
  2. Ainsley, Robert (2002) [1995]. Enciclopedia de la música clásica (en castelan). Barcelona: Parramón Ediciones S.A. pp. 152–163. ISBN 84-342-2427-5. 
  3. Christina Bashford, "The string quartet and society" in Stowell (2003), p 4. The quote was from a letter to C.F. Zelter, November 9, 1829.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ainsley, Robert (2002) [1995]. Enciclopedia de la música clásica (en castelan). Barcelona: Parramón Ediciones S.A. pp. 152–163. ISBN 84-342-2427-5. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Música_de_cámara&oldid=4455235"