Malí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
República de Malí
République du Mali
Bandeira de Malí
Escudo de Malí
BandeiraEscudo
Mali de iure (orthographic projection).svg
Lema: Un peuple, un but, une foi
(Un pobo, unha meta, unha fe)
Himno: Pour l'Afrique et pour toi, Mali
Capital
 • Poboación
Bamaco
1 690 471 (2006)
Cidade máis poboadaBamaco
Lingua oficialFrancés
Forma de gobernoRepública presidencial
Ibrahim Boubacar Keïta
Soumeylou Boubèye Maïga
Independencia de Francia22 de setembro de 1960
SuperficiePosto 24º
 • Total1 240 000 km²
 • % auga1,6
Fronteiras7 243 km
Costas0 km
PoboaciónPosto 72º
 • Total11 415 261 hab.
 • Densidade9,1 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 124º
 • Total (2006)15 688 millóns US$
 • per cápita1 229 US$
MoedaFranco CFA (CFA)
IDH (2007)0,380 (173º) – Baixo
Xentiliciomaliano[1]
Fuso horarioUTC
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.ml
Prefixo telefónico+223
Prefixo radiofónicoTZA-TZZ
Código ISO466 / MLI / ML
Membro de: ONU, UA

Malí,[2] oficialmente República de Malí, en francés: République du Mali; en bambara: Mali ka Fasojamana, é un país africano. É un estado sen costa, o sétimo máis extenso de África. Limita ao noroeste con Mauritania, ao norte con Alxeria, ao leste con Níxer, ao sur con Burkina Faso, Costa do Marfil e Guinea, e ao oeste con Senegal. A súa capital é Bamaco.

O seu tamaño é de 1 240 000 km² e a súa poboación estímase en 12 000 000 de habitantes. Constituída por oito rexións, Malí ten as súas fronteiras do norte no medio do Sahara, mentres que a zona meridional, onde vive a maior parte da poboación, está na beira dos ríos Níxer e Senegal. A estrutura económica do país céntrase na agricultura e a pesca. Pese a ter recursos naturais como o ouro, uranio, sal, está considerada un dos lugares máis pobres do mundo. A metade da poboación vive baixo o limiar de pobreza internacional, establecido en 1,25 dólares por día.[3]

O actual territorio maliano foi sede dos tres imperios de África occidental que controlaron o comercio transahariano: o Imperio de Ghana, o Imperio de Malí e o Imperio Songai. A finais do século XIX, Malí caeu baixo dominio de Francia, pasando a formar parte do Sudán francés. En 1959 conseguiu a súa independencia canda Senegal, converténdose así na Federación Malí, a cal remataría un ano despois. Tras un tempo no que existía un único partido político, un golpe de Estado en 1991 comportou a creación dunha nova constitución e o estabelecemento de Malí como unha nación democrática cun sistema pluripartidista.

Historia[editar | editar a fonte]

Cunha antiga historia de ricos reinos africanos, entre os cales o famoso Imperio de Ghana, o Malí foi ocupado polos franceses a fins do século XIX, tendose tornado parte do “Sudán Francés” no 1890, cun gobernador estacionado en Kayes. En 1958, o territorio tornouse autónomo, mais facendo aínda parte da “Comunidade Francesa” e accedeu á independencia o 22 de setembro de 1960.

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política de Malí.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Rexións e distrito capital de Malí.
Artigo principal: Subdivisións de Malí.

As principais subdivisións do Malí son denominadas rexións (todas as rexións levan o nome da súa cidade principal):

Tamén se distingue un distrito capital de Bamaco.

Xeografia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Malí.

A cidade de Timbouctou foi considerada Patrimonio Mundial.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Malí.

A economía de Malí confina a súa actividade basicamente á área irrigada polo río Níxer e o país en si está entre os máis pobres países do mundo, co 65% da súa área cuberta por deserto ou semideserto. Preto do 10% da poboación é nómade e preto de 80% da man de obra dedícase á agricultura e á pesca. A actividade industrial está concentrada no procesamento de produtos agropecuarios. Malí é moi dependente da axuda externa e a súa economía é vulnerable ás flutuacións dos prezos do algodón nos mercados mundiais, a súa exportación principal. En 1997, o goberno perseguiu a posta en funcionamento dun programa de axustes estruturais da economía, recomendado polo FMI, que ten axudado a economía a medrar, diversificarse e atraer investimento estranxeiro. A adhesión do Malí ás reformas económicas e unha desvalorización do 50% do franco africano en xaneiro de 1994 fixeron aumentar o crecemento económico. Varias empresas multinacionais aumentaron as operacións de mineración de ouro no período entre 1996 e 1998 e o goberno preve que Malí se torne nun dos principais exportadores de ouro subsaharianos nos próximos anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maliano.
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Bamaco (Malí) 
  3. UNDP (2009). "Anexo estadístico" (PDF). Índice de Desenvolvemento Humano 2009 (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2010. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Malí&oldid=4775097"