Malcolm IV de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Malcolm IV de Escocia
Malcolm iv.jpg
Nacemento23 de abril de 1141
 Escocia
Falecemento9 de decembro de 1165
 Jedburgh
SoterradoAbadia de Dunfermline
NacionalidadeReino de Escocia
Ocupaciónpolítico
PaiHenrique de Escocia
NaiAda de Warenne
IrmánsMargaret of Huntingdon, Duchess of Brittany, Ada de Huntingdon, Guillerme I de Escocia e David de Huntingdon
editar datos en Wikidata ]

Malcolm IV (gaélico escocés medieval: Máel Coluim mac Eanric; gaélico escocés moderno: Maol Chaluim mac Eanraig) (23 de abril ou 24 de maio de 1141 - 9 de decembro de 1165), foi rei de Escocia (1153-1165).

Malcolm era o fillo máis vello de Henrique de Escocia e de Ada de Warenne. Logo da morte prematura de seu pai o 12 de xuño de 1152 converteuse no herdeiro ao trono escocés sucedendo ao seu avó, David I de Escocia o 24 de maio de 1153.

En 1157 perdeu o condado de Northumbria que pasou a Henrique II de Inglaterra, este en compensación deulle o de Huntingdon que xa pertencera ao seu pai. Acompañou a Henrique nunha campaña contra o conde de Tolosa (1159). En Escocia o seu curto reinado caracterizouse polas loitas contra os rebeldes do oeste, en 1160 de Fergus de Galloway e en 1164 Somerled nas Hébridas.

Malcolm quen sempre tivo mala saúde morreu aos 24 anos no castelo de Jedburg e foi soterrado na abadía de Dunfermline.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Malcolm_IV_de_Escocia&oldid=4958271"