Manifestación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Unha manifestación é a exhibición pública da opinión dun grupo activista (económica, política ou social, sobre todo), mediante unha congregación nas rúas, frecuentemente nun lugar ou unha data simbólicos e asociados con esa opinión. O propósito dunha manifestación é mostrar que unha parte significativa da poboación está a favor ou en contra dunha determinada política, persoa, lei etc.

O éxito dunha manifestación adoita ser considerado maior canta máis xente participa.

Nalgunhas manifestacións prodúcense disturbios e violencia contra obxectos (como os coches), establecementos, peóns ou a policía.

Xeralmente, outros mecanismos de protesta como as folgas (especialmente as folgas xerais) van acompañados de manifestacións.

Lista de manifestacións relevantes[editar | editar a fonte]

Ademais, todos os 1 de maio, día do traballador, hai manifestacións sindicais en todo o mundo.

Reconto de manifestantes[editar | editar a fonte]

Actualmente, hai dúas formas de contar o número de persoas que asisten unha manifestación:

  • Contar o número de individuos que pasan por un punto determinado nun minuto e multiplicar a cifra polos minutos que dura a manifestación.
  • Multiplicar os metros cadrados que ocupa a marcha por un número determinado de manifestantes. Na zona central este número adoita ser 1,5. Se se dispón de fotografías de alta resolución desde o aire esta técnica é máis precisa pois se pode determinar mellor a aglomeración.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manifestación&oldid=4565670"