Manoel Soto Ferreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Manoel Soto")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Manoel Soto Ferreiro
Nacemento 6 de abril de 1944
  Ourense
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Manoel Soto Ferreiro, nado o 6 de abril de 1944 en Ourense, é un político galego que foi alcalde de Vigo durante 12 anos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Axudou na clandestinidade a fundar o PSdeG-PSOE en Vigo, e militou nel ata que no ano 1998 pediu a baixa no mesmo para fundar, xunto con outros exmilitantes do Partido Socialista e persoas independentes, o partido progresista e galeguista: Progresistas Vigueses, que máis tarde se fusionaría con outros partidos para crear Democracia Progresista Galega.

Co partido socialista foi alcalde de Vigo dende 1979 ata 1991, co novo partido concurriu as eleccións en 1999 cando conseguiu un concelleiro. Antes das eleccións de 2003 incorporou á lista do partido a Agustín Arca Fernández de Unión Galega e xuntos conseguiron dous concelleiros. Durante o mandato o veterán político Agustín Arca faleceu e o seu posto foi ocupado polo patrón Xulio Alonso Vázquez.

Manoel Soto reconstituiu o desaparecido Partido Galeguista, ao que se lle sumaron outros partidos independentes. Secretario xeral desa formación, concorreu ás municipais de 2007 como cabeza de lista por Vigo, pero non saíu elixido concelleiro. En xaneiro de 2008 deixou a secretaría xeral da formación.


Predecesor:
Enma González Bermello
 Coat of Arms of Vigo.svg
alcalde de Vigo
 
1979-1991
Sucesor:
Carlos González Príncipe

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manoel_Soto_Ferreiro&oldid=4826834"