Manuel Bergueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Manuel Bergueiro
Manuel Bergueiro López 1935.jpg
Manuel Bergueiro, retrato en Vida Gallega, 1936.
Nacemento 11 de setembro de 1898
Lugar Tabeirós, A Estrada, Galicia Galicia
Falecemento 26 de febreiro de 1985 (86 anos)
Lugar Oviedo
Nacionalidade España
Ocupación escritor
Xéneros Narrativa e teatro
Estudos Maxisterio
editar datos en Wikidata ]

Manuel Bergueiro López, nado en Tabeirós (A Estrada) o 11 de setembro de 1898 e finado en Oviedo o 26 de febreiro de 1985, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou en 1913 na Escola Normal de Santiago de Compostela onde estudou a carreira de Maxisterio. En 1921 obtivo unha vacante no padroado das Escolas Barcalesas. Posteriormente foi mestre en varios lugares de Galicia e Asturias. Colaborou en moitos xornais como El Agrario Barcalés, El Emigrado, El Compostelano, El País Gallego, Faro de Vigo, Vida Gallega, Vida Escolar.

En 1927, co número 29 da Colección Lar, publicou A pecadenta silenzosa. En 1930 publicou Ollo cos estudantes, versión escénica dun episodio da novela anterior, que terá continuación noutras pequenas pezas en castelán: Trampa adelante e Engaño sobre engaño.

Tamén escribiu en castelán Jovellanos en la pedagogia española e Rosiña de Tabeirós. Usaba os pseudónimos de "Manuel de Vicenta" e "Rogueiber".

Ingresou como académico correspondente na Real Academia Galega en 1958.

Placa na casa natal de Manuel Bergueiro en Tabeirós.

Obra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Bergueiro&oldid=4639647"