Manuel Brea Abades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Brea Abades
Manuel Brea Abades.jpg
 A Estrada
Falecemento8 de novembro de 1931
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Manuel Brea Abades, nado en Cereixo (A Estrada) en 1891 e finado o 8 de novembro de 1931, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Arxentina en 1909, foi celador dun hospital en Buenos Aires. Amigo persoal e colaborador do presidente arxentino Hipólito Yrigoyen, colaborou no periódico La Nación. Retornou a Galicia en 1920, foi presidente da Federación Agraria da Estrada e tomou parte na fundación de El Emigrado en representación dos emigrados da Arxentina. En 1921, desconforme coa liña de El Emigrado ao que quería darlle un rumbo político máis neutral para contribuír á reunificación do agrarismo local, fundou o periódico La Estrada. Volveu marchar a Buenos Aires en decembro de 1926, asociouse á Unión Estradense, traballou no diario La Acción e dirixiu o semanario El Ideal Argentino[1]. Novamente retornado á Estrada, na Segunda República foi director de Estrada Republicana e La República de Silleda, e correspondente de diversos xornais da emigración como La Libertad e Galicia de Buenos Aires. Foi tiroteado polo cura de Rubín, Manuel López García, o 1 de novembro de 1931, finando días despois.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Buenos Aires con Dolores Fernández e foi pai de José Amor, María Angélica, Higinio, Francisco, Carmen e Elida Brea Fernández.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Intereses y relaciones argentino-españolas, 1929.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Emigrado, 31-3-1927, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Brea_Abades&oldid=4976045"