Manuel Calvo Pumpido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Calvo Pumpido
Nacemento 23 de setembro de 1938
  A Coruña
Falecemento 27 de xullo de 2007
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Ocupación empresario
editar datos en Wikidata ]

Manuel Calvo Pumpido, nado na Coruña o 23 de setembro de 1938 e finado en Santiago de Compostela o 27 de xullo de 2007, foi un empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Luís Calvo Sanz, fundador do Grupo Calvo en 1940[1], do que era vicepresidente e conselleiro delegado[2].

Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade Complutense de Madrid en 1959. En 1962 comenzou a súa traxectoria profesional como responsable do departamento de mercadotecnia de ESSO Petroleum. En 1963 fundou Hizarco Publicidad y Marketing, S.A., empresa que presidiu ata 1970, cando se incorporou ao Grupo Calvo e fundou Calvopesca. O seu coñecemento do mundo da publicidade fixo que a súa decidida aposta, en 1979, pola publicidade en televisión fose un éxito para o grupo conserveiro[3].

A súa relación co fútbol chegoulle a través da súa empresa de publicidade Hizarco Publicidad y Marketing, S.A., que se encargaba de negociar e explotar a publicidade estática de varios estadios, entre os que se encontraba El Molinón[4]. Esta relación levouno a subscribir accións da sociedade anónima deportiva Real Sporting de Gijón en 1992, o que o levou ao primeiro consello de administración da S. A. D. e, en 1994, á súa presidencia[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vázquez Sola, Manuel (6 de mayo de 2007). El País (ed.): «Calvo vuelve a tenerlo claro». Consultado o 12 de novembro de 2012.
  2. Carbajo, Primitivo (28 de julio de 2007). El País (ed.): «Manuel Calvo, empresario». Consultado o 12 de novembro de 2012.
  3. Agencia EFE (27 de julio de 2007). El Economista (ed.): «Fallece el vicepresidente del Grupo conservero Calvo, Manuel Calvo Pumpido». Consultado o 12 de novembre de 2012.
  4. Rosety, Manuel (28 de julio de 2007). El Comercio (ed.): «Corazón rojiblanco». Consultado o 12 de novembro de 2012.
  5. Rodríguez, Jorge; Barrio, Javier (28 de julio de 2007). El Comercio (ed.): «Fallece el ex presidente y empresario gallego Manuel Calvo Pumpido». Consultado o 12 de novembro de 2012.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Calvo_Pumpido&oldid=4609140"