Carlos García Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Manuel Carlos García Martínez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos García Martínez
Nacemento1945
 Santiago de Compostela
Falecemento17 de marzo de 2018
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador
editar datos en Wikidata ]

Manuel Carlos García Martínez, nado en Santiago de Compostela en 1945 e finado na mesma cidade o 17 de marzo de 2018[1], foi un historiador e dinamizador cultural galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito en 1968, asumiu a dirección do Museo do Pobo Galego despois da morte de Antón Fraguas, entidade na que xa fora previamente patrono mentor e fundador, asumindo despois labores de secretario e de subdirector. Foi tamén membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, académico correspondente da Real Academia Galega, integrante da Comisión Xestora do novo Seminario de Estudos Galegos, patrón fundador da Fundación Castelao, da Fundación Pedrón de Ouro, socio fundador da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, presidente do Consello Galego de Museos e socio da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Foi galardoado co Premio Trasalba, outorgado pola Fundación Otero Pedrayo, no ano 1999.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Arte rupestre en Campo Lameiro, 1973, Concello de Campo Lameiro.
  • Morfoloxía castrexa das Terras de Compostela.
  • Tipoloxía da vivenda popular galega.
  • De alicerces e devocións: unha ollada arredor das orixes, 1999, Fundación Otero Pedrayo.

Edicións[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Cista y ajuar funerario de Atios.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carlos_García_Martínez&oldid=4781648"