Manuel Casariego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Manuel Casariego
Falecemento 21 de maio de 1952
  Ortigueira
Nacionalidade España
Ocupación banqueiro e político
editar datos en Wikidata ]

Manuel Casariego Bares-Rey, finado en Ortigueira o 21 de maio de 1952[1], foi un banqueiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era socio de Manuel Sandomingo Crego na casa de banca Sandomingo Hermano y Casariego establecida en Ortigueira, que despois foi sucursal do Banco Pastor. Foi alcalde de Ortigueira de 1914 a 1915. Foi elixido deputado provincial como liberal-prietista polo distrito de Ferrol-Ortigueira en outubro de 1915, para substituír ao falecido Manuel Sandomingo, permanecendo no posto ate novembro de 1917, cando dimitiu logo de ser elixido concelleiro. Volveu ser nomeado alcalde de Ortigueira en xaneiro de 1918, dimitindo en maio dese ano. Volveu ser deputado provincial entre 1920 e 1923. Na Segunda República presidiu a Asociación Unión Republicana que se constituíu en 1931 e presentouse ás eleccións a Cortes de 1931 pero non foi elixido. Militou no Partido Radical e desenvolveu dende La Voz de Galicia unha campaña contra a corporación municipal presidida por Jesús Fojo Díaz.


Predecesor:
Manuel Sandomingo Crego
 Escudo de Ortigueira.svg
Alcalde de Ortigueira
 
1914 - 1915
Sucesor:
Federico Maciñeira Pardo de Lama
Predecesor:
Adolfo Teijeiro Botana
 Escudo de Ortigueira.svg
Alcalde de Ortigueira
 
1918
Sucesor:
Federico Maciñeira Pardo de Lama

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Dávila en 1905.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 22-5-1952, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rosende, Anxel M. (1988). Do Castro, ed. O agrarismo na comarca do Ortegal (1893/1936). Sada. ISBN 84-7492-399-9. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Casariego&oldid=4802482"