Manuel Castro López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Manuel Castro López
Manuel Castro López 1926.jpg
Manuel Castro López.
Nacemento 22 de xullo de 1860
Lugar Lugo
Falecemento 25 de xuño de 1926
Lugar Bos Aires
Nacionalidade España
Ocupación xornalista
editar datos en Wikidata ]

Manuel Castro López, nado en Lugo o 22 de xullo de 1860 e finado en Bos Aires o 25 de xuño de 1926, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Retrato en Vida Gallega, 1910.

Traballou nos Xulgados de Lugo e formou parte da redacción da revista La Juventud Galaica. Militou no Partido Republicano Democrático Federal de Pi i Margall e actuou como secretario na súa Asemblea de Lugo (1887). Fundou o semanario El Ciudadano (1889) e a Asociación de Escritores e Artistas (1891). En 1892 emigrou a Bos Aires onde colaborou e dirixiu El Eco de Galicia e fundou en 1898 Almanaque Gallego. Publicou algúns poemas en galego. Foi nomeado socio de mérito da Liga Gallega (1899) polo seu labor a prol da causa galeguista.

Obras[editar | editar a fonte]

Almanaque Gallego. Ano I, 1898, en pdf.
  • Los jesuitas al desnudo, 1887.
  • Hijos distinguidos de la provincia de Lugo, 1890.
  • Efemérides galaicas, 1891.[1]
  • La Asociación de Escritores y Artistas de Lugo, 1891.
  • Una expedición de La Coruña al Plata en 1526, 1907
  • Un nuevo hijo ilustre de Galicia: Don Juan Alsina, 1908.
  • La ascendencia de Ribadavia, 1919.
  • De mi firma, 1921.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Castro_López&oldid=4641150"