Manuel Crestar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Crestar
Nacemento21 de decembro de 1900
 Betanzos
 Uruguai
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndebuxante
editar datos en Wikidata ]

Manuel Crestar Díaz, nado en Betanzos o 21 de decembro de 1900 e finado en Uruguai, foi un debuxante galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estivo emigrado uns anos en Cuba. Pertenceu á Irmandade da Fala de Betanzos. Realizou a súa primeira exposición na Coruña en 1921. Durante a Segunda República simpatizou coas correntes progresistas da cultura e coas ideas libertarias; frecuentou na capital coruñesa o parladoiro de Luís Huici, xunto con Luís Seoane, Francisco Miguel, Xenaro Ruano, Álvaro Cebreiro e José Villaverde. Pasou a Guerra Civil en Madrid onde colaborou no periódico Galicia Libre, voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios. Trasladouse a Valencia en 1938, pertenceu á directiva da Agrupación de Gallegos Libertarios. Publicou os seus gravados e caricaturas en Galicia, Alfar, El Pueblo Gallego, Galicia Gráfica e Céltiga. Pasou a Francia en 1939 e de alí marchou a Uruguai, onde morreu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Crestar&oldid=4677812"