Manuel Díaz Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Medalla de Galiza.svg
Manuel Díaz Díaz
Nome completo Manuel Díaz y Díaz
Nacemento 14 de agosto de 1924
  Mugardos
Falecemento 4 de febreiro de 2008
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Madrid
Ocupación profesor
editar datos en Wikidata ]

Manuel Cecilio Díaz y Díaz, nado en Mugardos o 14 de agosto de 1924 e finado en Santiago de Compostela o 4 de febreiro de 2008 foi un latinista e medievalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Madrid en 1945. Doutorado 1949, obtivo praza de catedrático de instituto e, despois, de catedrático de Filoloxía Latina nas Universidades de Valencia (1953-1956), Salamanca (1956-1968) e finalmente na Universidade de Santiago de Compostela dende 1968. Entre 1971 e 1974 foi director do Colexio Universitario de Lugo. Membro da sección de Patrimonio Histórico do Consello da Cultura Galega polo Instituto de Estudos Xacobeos dende 1991, investigou sobre todo o latín medieval. Era especialista en lingua e literatura latinas e en numerosos aspectos do mundo medieval (literatura, Cristianismo, Codicoloxía o Paleografía, entre outros). Casou con Joaquina de Bustamante e tivo cinco fillos.

Os seus traballos abarcan todas as materias relacionadas coa Idade Media española: desde o estudo da cultura libresca visigoda, ata os inicios da cronística do Reino de Asturias. Foi mestre e mentor de toda unha xeración de historiadores e filólogos. Entre os seus discípulos figuran Santiago Jiménez, Fernando López Alsina e Mercedes Brea.

Foi o primeiro presidente da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario en Galicia (ACSUG). Recibiu en 1979 a Medalla ao Mérito Docente da Orde de Afonso X o Sabio, e en 1997, o Premio Nacional de Investigación Ramón Menéndez Pidal; en 2003, o sétimo premio do Grupo Compostela, de universidades de toda Europa. Foi doutor honoris causa polas Universidades Clásica de Lisboa (1980), Salamanca (1993), Coímbra (2002) e León. En 1991 recibiu a medalla de Prata de Galicia, e en 1994 o Concello de Santiago outorgoulle a Medalla de Ouro ao mérito cultural. O Grupo Compostela de Universidades concedeulle en 2003 o VII Premio Internacional Compostela-Xunta de Galicia. Foi académico correspondente da Academia de Ciencias de Lisboa.

Obras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Díaz_Díaz&oldid=4753533"