Manuel Felipe Quintana Ochaita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Felipe Quintana Ochaita
Nome completoManuel Felipe Quintana Ochaita
Nacemento26 de maio de 1842
 Madrid
Falecemento20 de xaneiro de 1911
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterReal Academia de Belas Artes de San Fernando
Ocupaciónarquitecto
editar datos en Wikidata ]

Manuel Felipe Quintana Ochaita, nado en Madrid o 26 de maio de 1842 e finado en Vigo o 20 de xaneiro de 1911, foi un arquitecto español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Titulado pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en 1886 trasladouse a Vigo, onde foi arquitecto municipal.

Santa María do Porriño.

Eclecticista, son obras súas a Casa para Francisco Solleiro (1891) no n.º 21 da rúa Policarpo Sanz (esquina Velázquez Moreno),[1] a Igrexa de Santiago de Vigo (1896-1907) na avenida de García Barbón[2], a Casa de Estanislao Durán (1901) na rúa do Príncipe esquina Velázquez Moreno e a igrexa e asilo das Irmás dos Anciáns Desamparados (1892-1910) na rúa de Pi i Margall[3], todas elas na cidade de Vigo, de estilo neogótico as relixiosas.

No Porriño fixo a a igrexa de Santa María (1909).[4]

Asilo da rúa Pi i Margall de Vigo 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Felipe_Quintana_Ochaita&oldid=5238073"