Manuel García Cambón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel García Cambón
Nacemento27 de novembro de 1907
 Negreira
Falecemento1993
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

Manuel García Cambón, nado en Logrosa (Negreira) o 27 de novembro de 1907 e falecido en Santiago de Compostela en 1993, foi un empresario galego.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Foi o segundo de sete irmáns e quedou orfo de nai aos 12 anos. Aos catorce anos empezou a traballar como aprendiz de carpinteiro no taller dun veciño. Un ano despois empezou a dedicarse ao serrado de madeira no monte. Fundou en 1931 o seu primeiro serradoiro en Negreira e en 1946 creou FINSA unha empresa de explotación e transformación de madeira que terá o seu nicho de negocio no financiamento: a empresa, acrónimo de Financiera Maderera, SA, mercaba a madeira aos propietarios dos montes ao longo de toda a fase de crecemento das árbores, o que lle permitía fidelizar o vendedor e realizar investimentos máis baixos e continuados. Esta forma de negocio resultou rendible e en 1964, montou unha fábrica de taboleiro de madeira en Pontecesures e cinco anos máis tarde, en 1969, abreu a planta central en Santiago de Compostela. A finais dos setenta comeza o seu despregamento coa compra de firmas do sector, como a ourensá Oremberg, ou posteriormente Foresa.

Foi tamén presidente da Asociación Técnica de Investigación das Industrias da Madeira (AITIM), unha asociación de normalización do sector madeireiro español, entre 1983 e 1987.

Casou con Sara Baliña Pérez. Ao seu falecemento, a maior parte das accións da firma foron herdadas polos seus fillos Manuel García Baliña, que o sucedeu como presidente, e Santiago García Baliña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rico Boqueta, Eduardo (2006). CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia, ed. "De serrador a empresario" in Empresarios de Galicia. pp. 461–479. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_García_Cambón&oldid=4971960"