Manuel García Garrido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel García Garrido
Nacemento1928
 Fuente de Cantos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Sevilla
Ocupaciónxurista, catedrático de universidade, escritor e político
PremiosGran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio e Orde de San Raimundo de Peñafort
editar datos en Wikidata ]

Manuel Jesús García Garrido, nado en Fuente de Cantos (provincia de Badaxoz) en 1928, é un xurista e profesor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi catedrático de Dereito Romano da Universidade de Santiago de Compostela e en 1968 foi nomeado reitor, permanecendo no posto ata 1972. En 1970 o Ministerio de Educación encargoulle un estudo sobre a ensinanza superior a distancia, e o 15 de setembro de 1972 foi nomeado reitor da acabada de crear Universidade Nacional de Educación a Distancia, permanecendo no posto ata 1974. Continuou como catedrático de Dereito Romano da UNED[1]. Foi tamén Director xeral de Persoal do Ministerio de Educación e Ciencia.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2011 foi nomeado presidente honorario da Academia Romanística Constantiniana e doutor honoris causa pola Academia das Ciencias de Moscova[2].

Predecesor:
Ángel Jorge Echeverri
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1968 - 1972
Sucesor:
José Ramón Masaguer Fernández

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_García_Garrido&oldid=5236989"