Manuel J. Lema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Manuel J. Lema
Manuel J. Lema 1928.jpg
Nacemento 1866
  Betanzos
Falecemento 23 de decembro de 1928
Nacionalidade España
Ocupación xornalista
editar datos en Wikidata ]

Manuel José Lema González, coñecido como Manuel J. Lema ou Manuel F. Lema, nado en Betanzos cara 1866 e finado en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1928[1], foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Funcionario de Telégrafos. Dirixiu os periódicos de Betanzos El Valdoncel e ¡Ya Somos Tres!. Foi xefe de Correos e Telégrafos de Becerreá, onde casou en Valentina Vázquez del Río en 1897[2] e dirixiu El Monitor de Becerreá en 1901. En 1905 foi trasladado á Coruña[3], pero volveu a Becerreá en 1907. En Becerreá estableceu unha fábrica de chocolate a finais de 1906[4]. Foi Subxefe de Telégrafos de Pontevedra dende 1912, onde colaborou en La Correspondencia Gallega e foi membro da dirección da Sociedad Artística. En 1917 foi nomeado xefe da estación telegráfica de Santiago de Compostela[5]. Colaborou en El Compostelano. Formou parte da directiva do Recreo Artístico de Santiago e da Cofradía de la Buena Armonía, da que foi presidente, socio honorario do Orfeón El Eco de A Coruña, académico correspondente da Real Academia Galega e da Arqueolóxica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 24-12-1928, p. 3.
  2. La Correspondencia Gallega, 13-9-1897, p. 2.
  3. El Eco de Santiago, 24-8-1905, p. 2.
  4. Coruña Moderna, 25-11-1906, p. 6.
  5. El Eco de Santiago, 21-7-1917, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_J._Lema&oldid=4641426"