Manuel Lezón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Lezón
Manuel Lezón Fernández 1932.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1932.
Nacemento1854
 Celanova
Falecemento16 de xuño de 1934
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Manuel Lezón Fernández, nado en Celanova en 1854 e finado en Madrid o 16 de xuño de 1934[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi rexistrador da propiedade en Celanova, Alzira e Barcelona. Precursor da campaña redencionista, presentouse a ás Cortes polo distrito do Carballiño en 1905. Publicou en El Miño varios artigos sobre a cuestión foral. Foi Xefe honorario da Administración Civil e Catedrático Especial de Dereito Hipotecario da Universidade de Valencia. Na Segunda República estivo vinculado ao Partido Agrario Español e presentouse ás eleccións de novembro de 1933 como independente pola provincia de Ourense, pero non resultou elixido. Colaborou en revistas especializadas.

Obras[editar | editar a fonte]

Homenaxe en Celanova, 1932.
Manuel Lezón, 1909.
  • El derecho consuetudinario en Galicia, 1903.
  • Derecho Inmobiliario (en colaboración con F. B.)
  • El regionalismo, 1918.
  • El problema social agrario en Galicia y la redención de foros, 1922.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 17-6-1934 , p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Lezón&oldid=4641434"