Manuel Lois Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Lois Vázquez
Nacemento29 de xaneiro de 1868
 Maside
Falecemento29 de xuño de 1899
 Maside
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, médico e escritor
editar datos en Wikidata ]

Manuel Nolaso Lois Vázquez, nado en Maside o 29 de xaneiro de 1868 e finado no mesmo concello o 29 de xuño de 1899, foi un médico, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Colexio-Seminario Menor de Nosa Señora dos Milagres e despois fixo o bacharelato no Instituto de Ourense, rematando en 1883. Cursou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Valladolid, licenciándose na de Compostela en 1896. Desde outubro de 1896 exerceu como médico municipal en Maside. Colaborou en O Tio Marcos d'a Portela, A Tía Catuxa O Galiciano, A Monteira, Álbum Literario e El Eco de Galicia. Asinou algunhas das súas composicións co pseudónimo "Mefistófeles" e outras cos anagramas "Leunam Siol" e "Nunelasoli".

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ensayos literarios. Suspiros del corazón, 1886.
  • Don Diego López Pindo, 1886.
  • Brisas gallegas, 1890.
  • Horas perdidas, 1899.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Lois_Vázquez&oldid=5199475"