Manuel Mur Oti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Manuel Mur Oti
Nacemento 25 de outubro de 1908
  Vigo
Falecemento 5 de agosto de 2003
  Madrid
Nacionalidade España
Ocupación director de cine, poeta e guionista
editar datos en Wikidata ]

Manuel Mur Oti, nado en Vigo o 25 de outubro de 1908 e finado en Madrid o 5 de agosto de 2003, foi un director de cine, guionista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Mur, oficial de prisións con destino en Vigo. En 1921 viaxou a Cuba, onde estudou Dereito e Literatura e colaborou en publicacións culturais. Viaxou por Haití e Estados Unidos. Publicou o seu primeiro poemario, Espirales con só dezasete años, pero foi coñecido como autor de novelas e obras dramáticas; estreou na Habana a súa primeira comedia, La alegría del sitio en 1931 e despois La malcasada e El mayoral. Retornou en 1933 e comezou a escribir no periódico El Socialista. Na Guerra Civil loitou no exército republicano con Valentín González "El Campesino". Exiliouse en Francia e foi internado nun campo de concentración. Volveu a España e foi detido en Málaga. Cando saíu radicouse en Madrid. Escribiu a novela Destino negro, que foi finalista do Premio Nadal de 1948 e tamén guións cinematográficos. Impulsou, con Antonio del Amo, a creación da produtora Sagitario Films (1947), que financiou as tres primeiras películas de del Amo, todas escritas por Mur Oti. En 1949 dirixiu a súa primeira película, Un hombre va por el camino. En 1953 creou a produtora Celta Films.

Recibiu o Premio Goya de honra na VII edición dos Premios Goya (1992).

Obra[editar | editar a fonte]

Como escritor[editar | editar a fonte]

  • Espirales
  • La alegría del sitio
  • Destino negro (1949)

Como director[editar | editar a fonte]

  • Un hombre va por el camino (1949)
  • Cielo negro (1951)
  • Condenados (1953)
  • Orgullo (1955)
  • Fedra (1956)
  • El batallón de las sombras (1957)
  • La guerra empieza en Cuba (1957)
  • Pescando millones (1959)
  • Duelo en la cañada (1959)
  • Una chica de Chicago (1960)
  • Milagro a los cobardes (1962)
  • A hierro muere (1962)
  • La otra cara del espejo (serie de televisión, 1965)
  • Loca juventud (1965)
  • El escuadrón del pánico (1966)
  • La encadenada (1975)
  • Morir... dormir... tal vez soñar (1976)

Como guionista[editar | editar a fonte]

  • Cuatro mujeres (1947)
  • El huésped de las tinieblas (1948)
  • Noventa minutos (1949)
  • Alas de juventud (1949)
  • Un hombre va por el camino (1949)
  • Cielo negro (1951)
  • Condenados (1953)
  • Orgullo (1955)
  • Fedra (1956)
  • La guerra empieza en Cuba (1957)
  • El batallón de las sombras (1957)
  • Pescando millones (1959)
  • Duelo en la cañada (1959)
  • Una chica de Chicago (1960)
  • Teresa de Jesús (1961)
  • Milagro a los cobardes (1962)
  • Loca juventud (1965)
  • El escuadrón del pánico (1966)
  • La encadenada (1975)
  • Morir... dormir... tal vez soñar (1976)
  • Cañas y barro (serie, 1978)
  • La barraca (serie, 1979)

Como actor[editar | editar a fonte]

  • Segundo López, aventurero urbano (1953)
  • Memorias del cine español (1978
  • La noche del cine español (1985)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Mur_Oti&oldid=4680726"