Manuel Pardo Becerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Manuel Pardo Becerra
Falecemento 8 de xuño de 1921
  Lugo
Nacionalidade España
Ocupación xornalista e avogado
editar datos en Wikidata ]

Manuel Pardo Becerra, finado en Lugo o 8 de xuño de 1921, foi un avogado e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Pardo Moinelo. Licenciado en Dereito civil e canónico (1886), foi avogado fiscal da Audiencia de Lugo. Con Amador Montenegro fundou en 1889 A Monteira, na que publicou no número inicial a primeira entrega dun artigo titulado "D'a fala gallega" no que se reclamaba a rexeneración da lingua galega. Colaborou en El Lucense e La Integridad. Foi presidente do Consello Diocesado da Adoración Nocturna e da Federación de Sindicatos Agrícolas. Fundou e dirixiu entre 1912 e 1921 a Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Lugo.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Pardo_Becerra&oldid=4646306"