Manuel Pardo de Andrade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Pardo de Andrade
Nacemento21 de novembro de 1760
 Oleiros
Falecemento5 de maio de 1832
CausaCólera
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]
Pazo de Xaz (Dorneda), residencia de Manuel Pardo de Andrade.

Manuel Pardo de Andrade, nado no pazo de Xaz (Oleiros) o 21 de novembro de 1760 e finado en Francia en maio de 1832, foi un intelectual liberal e crego coñecido polos seus escritos tanto literarios como xornalísticos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o segundo fillo dunha familia fidalga. Testemuño directo da decadencia do Antigo Réxime, Pardo de Andrade foi un liberal convicto.

Rogos de un escolar gallego a Virxê do Bo Acerto para que libre a terra da Inquisición, 1841 (en PDF).

Desenvolveu un importante labor na prensa durante a guerra contra o francés (1808-1814) e a época posterior a esta. Foi moi coñecido polos seus ideais anti-inquisitoriais, os cales aparecen reflectidos na súa obra máis coñecida, o seu poema en romance Rogos dun Gallego, publicado de forma anónima en 1813 por Valentín de Foronda e xa posteriormente co nome do autor. En 1841 saíu unha edición na Coruña co título de Rogos de un escolar gallego á Virxê do Bo Acerto para que libre á Terra da Inquisición.[1]

En 1814, coa chegada de Fernando VII ao trono español, caeu na obriga de exiliarse en Francia. Volveu á Coruña en 1820, coa instauración do Trienio liberal. Mais en 1823, após da intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís e do restablecemento do absolutismo, tivo que regresar a Francia, onde morreu en 1832.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • TARRÍO VARELA, A.: Literatura galega, Xerais, 1994, páx. 99.
  • SAURIN DE LA IGLESIA, M.R.: Manuel Pardo de Andrade y la crisis de la Ilustración (1760-1832). Autoedición. A Coruña, 1991.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Pardo_de_Andrade&oldid=5018453"