Manuel Taboada Cid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Taboada Cid
Nacemento29 de marzo de 1946
 Verín
Falecemento27 de xullo de 1993
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfilólogo e político
PaiXesús Taboada Chivite
CónxuxeMaría Nieves de Paula Pombar
editar datos en Wikidata ]

Manuel Taboada Cid, nado en Verín o 29 de marzo de 1946 e finado en Santiago de Compostela o 27 de xullo de 1993, foi un filólogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Xesús Taboada Chivite, empezou a súa afección pola investigación da man do seu pai. Estudou na Academia Verinense e no IES Otero Pedrayo de Ourense. Comezou os estudos universitarios na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela en 1963 e despois inscribiuse en Filoloxía Románica.

En 1968 foi lector de español no Lycée de Garçons de Auch (Francia). Retornado a España, recibiu unha bolsa do Departamento de Filoloxía Románica para realizar traballos de campo. En 1971 acadou a licenciatura co traballo "Vocabulario y notas etnográficas de la Mezquita (Ourense)" e comezou a impartir clases no Instituto Otero Pedrayo de Ourense. En 1972 retornou ás aulas universitarias de Compostela. Nomeado Director Xeral de Política Lingüística (1986-1987), impulsou o uso do galego, galeguizando a administración dos centros docentes.

Reintegrado á Universidade, en 1990 obtivo á cátedra de Historia de la Lengua Española na Universidade de Oviedo e despois pasou á Universidade da Coruña, onde foi o primeiro catedrático de Gramática Histórica do Español.

Publicou artigos en revistas especializadas (Verba, Boletín Auriense, Gallaecia) e comunicacións e relatorios en congresos de Galicia e do estado. Pertenceu ao Grupo Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico de Ourense.


Predecesor:
Paz Lamela Vilariño
 Escudo de Galicia.svg
Director xeral de Política Lingüística
 
1986 - 1987
Sucesor:
Adolfo de Abel Vilela

Obras[editar | editar a fonte]

  • "Vocabulario y notas etnográficas de la Mezquita (Ourense)".
  • "El arado radial en el sur de la provincia de Orense".
  • "Afinidades lingüisticas galego-portuguesas na fronteira de Ourense".
  • "El habla del Valle de Verín".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Taboada_Cid&oldid=4968167"