Manuel Vázquez de Parga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Manuel Vázquez de Parga
Nacemento 13 de xuño de 1828
  Vilalba
Falecemento 11 de novembro de 1908
  Madrid
Nacionalidade España
Ocupación avogado e político
editar datos en Wikidata ]

Manuel Vázquez de Parga Somoza y Pallares, III conde de Pallares, nado en Vilalba o 13 de xuño de 1828 e finado en Madrid o 11 de novembro de 1908, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Vázquez de Parga Baamonde. Estudou leis en Salamanca, Santiago de Compostela e Madrid, onde se graduou en 1851. Foi deputado polos distritos de Lugo (1857-1858), Mondoñedo (1863-1864) e Vilalba (1871-1872, 1876-1877) e senador por Lugo (1872) e vitalicio dende 1877. Foi membro do Consello de Estado (1893-1904) e do Tribunal Contencioso-Administrativo (1897). Fundou e dirixiu Revista de Galicia (1850), fundou El Correo de Lugo (1860) e cofundou e dirixiu El Eco de Galicia (1872) onde levou a cabo unha campaña sobre a "Cuestión Foral" e, con Antonio Medina, outra sobre a "Construción del Ferrocarril, línea general del Noroeste".

Foi pai de Nicolás Vázquez de Parga de la Riva.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Memoria sobre la necesidad de establecer escuelas de agricultura en Galicia (con José Pardo Bazán), 1862.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Veiga Alonso, Xosé Ramón (1996). Deputación Provincial, ed. Progreso, prensa e ferrocarrís en Galicia. A actividade do Conde de Pallares (1855-1883). Lugo. ISBN 84-8192-071-1. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Vázquez_de_Parga&oldid=4727945"