Manuel Vilariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Vilariño
Nacemento22 de maio de 1952
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfotógrafo e pintor
PremiosPremio Nacional de Fotografía
editar datos en Wikidata ]
Medalla de Galiza.svg

Manuel Vilariño Seco, coñecido como Manuel Vilariño, nado na Coruña o 22 de maio de 1952, é un fotógrafo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Manuel Vilariño comeza a expoñer en 1983 e nos anos oitenta e noventa realiza diversas mostras e participa en colectáneas tanto en Galiza como de nivel internacional. A súa consagración chégalle no 2002, coa exposición individual Fío e sombra, no Centro Galego de Arte Contemporánea. Posteriormente (2004) realizou a exposición Señal en el aire para o Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporánea de Badaxoz.

En 2007, cando estaba a expoñer na Bienal de Venecia, foille concedido o Premio Nacional de Fotografía.

Características da obra[editar | editar a fonte]

A obra fotográfica de Vilariño pode encadrarse dentro do experimentalismo, a medio camiño entre a composición pictórica e a fotografía. Os seus bodegóns móntanse a miúdo sobre planchas metálicas, con superficies deliberadamente rugosas, e onde frecuentemente interveñen pequenos animais mortos (escaravellos, paxaros, lagartos etc.), e obxectos relixiosos.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra forma parte das coleccións permanentes do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, do CGAC, do Fine Arts Museum de Houston, da Colección Coca-Cola, da Colección Afundación, do Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa da Coruña e de importantes coleccións institucionais, entre elas a da Xunta de Galicia.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Exemplos da súa obra[editar | editar a fonte]

Catálogos[editar | editar a fonte]

  • Manuel Vilariño. Fío e sombra. Santiago de Compostela, CGAC, 2002.
  • Alberto Ruíz de Samaniego. El Ángel necesario. Vigo, Galería Bacelos, 2001.
  • Xosé Antón Castro. Manuel Vilariño. Galerie Municipale du Château d 'Eau. Tolosa, 2001.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rosa Olivares. Manuel Vilariño. Biblioteca de Fotógrafos Españoles. Madrid, La Fábrica, 2002.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Vilariño&oldid=4971862"