Manuscrito de En-Gedi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Piso mosaico dunha vella esnoga en Ein Gedi

O manuscrito de En-Gedi, ou rolo de En-Gedi, é un antigo e fráxil exemplar de pergameo atopado en 1970 en Ein Gedi, Israel. Contén unha porción do libro bíblico do Levítico. É valorado como un das partes máis vellas da Biblia que aínda existen, e documenta unha etapa importante do desenvolvemento das escrituras hebreas.[1]

Contido[editar | editar a fonte]

Segundo exame de datación por radiocarbón levado a cabo pola Autoridade de Antigüidades do Israel, o manuscrito ten unha probabilidade de 88,9% de ser de entre os anos 210 e 390 e 68,2%, de 235 e 340.[2] O rolo foi escrito en Ein Gedi, onde había unha comunidade da seita dos esenios, segmento xudeu a quen se atribúe a feitura dos manuscritos do Mar Morto.[3]

O texto até entón traducido consiste de 18 liñas completas e 17 liñas parciais dos primeiros dous capítulos de Libro de Levítico. O texto é idéntico ó texto masorético, da  Idade Media, diferente os manuscritos do Mar Morto que ten variacións cando comparado ó texto masoretico.[1][4]Emanuel Tov, da Universidade Hebrea de Xerusalén, describiu o manuscrito como "a primeira evidencia da forma exacta do texto medieval".[5]

Recuperación[editar | editar a fonte]

O antigo rolo foi descuberto en 1970, pero estaba en tal estado de fraxilidade que podería desintegrarse ó meno contacto, tornando imposible apalpadelas e o seu estudo.[1][6]

Para ler o fráxil pergameo, os pescudadores utilizaron escaneamento por micro-tomografía computada (micro-CT) e, despois, un programa de cartografía de volume para localizar a tinta dentro do rolo queimado e, así, reconstruír o seu texto.[2][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 Wade, Nicholas. "El manuscrito de En Gedi, del siglo I: leído sin haber sido desenrollado" (en castelán). Traducido por Alberto Loza Nehmad. Consultado o 12 de febreiro de 2017. 
  2. 2,02,1 Enrico de Lazaro (23 de setembro de 2016). "En-Gedi Scroll Finally Deciphered" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2017. 
  3. Williams 2005, p. 138.
  4. Laura Geggel (21 de setembro de 2016). "1,700-Year-Old Dead Sea Scroll 'Virtually Unwrapped,' Revealing Text" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2017. 
  5. "En-Gedi: Ancient scrolls 'virtually' deciphered to reveal earliest Old Testament scripture" (en inglés). 22 de setembro de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2017. 
  6. "From damage to discovery via virtual unwrapping: Reading the scroll from En-Gedi". Science Advances (en inglés). 21 de setembro de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2017. 
  7. Greshko, Michael (21 de setembro de 2016). "Computers Decipher Burnt Scroll Found in Ancient Holy Ark". National Geographic (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Williams, Maurice (2005). Prophet and Historian: John and Josephus (en inglés). Raleigh: Lulu.com. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuscrito_de_En-Gedi&oldid=4841661"