María Casares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
María Casares
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Premio María Casares 1.jpg
Premio María Casares.
Nome completo María Casares Pérez
Nacemento 21 de novembro de 1922
Lugar A Coruña, Galicia Galicia
Falecemento 22 de novembro de 1996 (74 anos)
Lugar Alloue, Charente, Poitou-Charentes, Flag of France.svgFrancia
Causa cancro
Nacionalidade Francia e España
Cónxuxe(s) André Schlesser (1978-1985)
Profesión Actriz
Autographe Maria Casares.jpg
editar datos en Wikidata ]

María Victoria Casares Pérez, nada na Coruña o 21 de novembro 1922 e finada en Alloue (Charente, Poitou-Charentes, Francia) o 22 de novembro de 1996,[1] foi unha actriz galega que triunfou en Francia, onde residía como exiliada por ser filla de Casares Quiroga, que fora Ministro da II República Española durante o goberno de Azaña. En Francia era coñecida como Maria Casarès.

Foi considerada unha das grandes actrices do teatro e o cinema francés e apareceu en clásicos como Les enfants du paradis, especialmente durante as décadas de 1940 e 1950.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]

Casa da familia Casares na Coruña.

María Casares naceu na Coruña en 1922, filla do político e avogado Santiago Casares Quiroga (1884-1950) e de Gloria Pérez, finada en París en 1945. Non foi unha filla desexada e anos máis tarde dixo ironicamente: "Cando meus pais me collían, era inadvertidamente ou por erro".[2] Tivo unha media irmá, Esther Casares, nada dun matrimonio anterior de seu pai e un irmán, Enrique, que adoptaron os seus pais durante a guerra civil.

Comezou a escola na cidade da Coruña, mais en 1931 a familia marchou a Madrid, onde comezou a facer teatro. Aos 14 anos, tras o levantamento militar fascista, acompañou o seu pai ao exilio na Francia. Chegaron a París o 20 de novembro de 1936, véspera do aniversario de María, e aloxáronse no hotel Paris-New York, da rúa Vaugirard. Estudou no liceo Victor-Duruy, onde aprendeu o francés e coñeceu o actor de nacionalidade española Pierre Alcover e a súa dona, Colonna Romano, membro da Comédie-Française. Isto axudou a familia Casares e impulsou a María a facer teatro. Porén, o seu primeiro intento de entrar no Conservatorio de París fracasou a causa do seu marcado acento.

Durante a Segunda Guerra Mundial o seu pai marchou a Londres mentres ela e a súa nai partían ás Landas, antes de volver a París, onde viviron nun piso na esquina das rúas Enfant-Jésus e Vaugirard. Con traballo, conseguiu entrar no Conservatorio de París en 1941. O primeiro papel profesional foi en A Celestina. En outubro do 1943 representou con grande éxito a obra de Georges Neveux A viaxe de Teseo. O 19 de marzo do ano seguinte coñeceu a Albert Camus na casa de Michel Leiris, e comezou unha relación sentimental con el durante os ensaios de O malentendido, onde interpretaba a Martha. O escritor, que puxo a María en contacto coa Resistencia e os exiliados españois, foi para a actriz "pai, irmán, amigo, amante e ás veces fillo". A guerra e Francine Faure, esposa de Camus, separounos e romperon a relación ao final da guerra. Porén, atopáronse por casualidade en 1948 e mantiveron unha apaixonada relación en segredo que rematou coa morte accidental do escritor en 1960. María Casares protagonizou ademais Estado de sitio e Os xustos, de Camus, e representou obras de Sartre, Jean Anouilh, Jean Cocteau, Genet e Claudel, converténdoa en musa do existencialismo francés. En 1949 entra na Comédie Française e cinco anos máis tarde no Teatro Nacional Popular (TNP), compañía pública cunha forte preocupación social. Participou na creación e potenciamento do festival de teatro de Avignon. María Casares interpretou a Lady Macbeth, María Tudor, Ana Petrova etc. en obras de Shakespeare, Victor Hugo, Chekhov, Ibsen e Eurípides, entre moitos outros.

Teatro e cinema[editar | editar a fonte]

Iniciouse no cinema cun papel secundario nunha película de Marcel Carné, Les enfants du paradis e pouco despois, en 1944, protagonizou Les dames du Bois de Boulogne de Robert Bresson. Jean Cocteau dirixiuna en O testamento de Orfeo (1950) e fíxose moi popular, se ben en España foi silenciada.

A partir de 1952, a pesar de que continuou aparecendo ocasionalmente en filmes, dedicouse especialmente ao teatro. Uniuse ao Festival de Aviñón, á Comédie-Française e ao Théâtre National Populaire baixo a dirección de Jean Vilar. Antes ca ela, ningún actor ou actriz estranxeiro actuara na Comédie-Française.

Participou en xiras por todo o mundo, aparecendo en grandes clásicos do teatro francés. En 1957 realizou unha xira co TNP por Suramérica, durante a que foi homenaxeada polos exiliados galegos (Eduardo Blanco Amor, Rafael Dieste, Luis Seoane, Laxeiro,...) e se produciu o reencontro coa súa lingua. En 1958 interpretou as obras Le Cid, de Corneille, Marie Tudor, de Victor Hugo e Le Triomphe de l'Amour (The Triumph of Love), de Marivaux en Broadway.

Trala morte de Albert Camus, nun intento de afastala da súa profunda tristeza, os amigos íntimos de María Casares, incluíndo a André Schlesser, suxeríronlle que mercase unha casa. O 5 de agosto de 1961, ela e Schlesser compraron a mansión, as dependencias e as terras de la Vergne, situada no municipio de Alloue.[3]

En novembro de 2017, a filla de Albert Camus publicou 865 cartas inéditas entre o seu pai e a artista galega, que certifican a paixón amorosa que mantiveron durante anos.[4]

Regreso a España[editar | editar a fonte]

Tras adquirir a nacionalidade francesa en 1975, no ano 1976 volveu a España para representar El adefesio de Rafael Alberti en Madrid e Barcelona,[5] mais nunca regresou a Galicia.[6]

O 27 de xuño de 1978 casou co seu amigo André Schlesser, co que viviu no número 6 da rúa Asseline, no distrito XIV de París, e que morreu en Saint-Paul-de-Vence o 15 de febreiro de 1985. Trala morte de Schlesser, os seus fillos Anne e Gilles Schlesser legaron a María Casares a parte da área de La Vergne, que pertencía ao seu pai.[7] En 1980 publicou un libro de memorias, Residente privilexiada, título que alude ao status na súa tarxeta de residencia orixinal emitida por Francia.[8][9] En 1989 acadou o premio Moliére á mellor actriz de teatro e foi nomeada ao César (1989). Recibiu do goberno francés o Premio Nacional de Teatro e en España a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes. Obtivo o premio Segismundo da Asociación de Directores de España, concedéuselle o título de filla predilecta da Coruña e a medalla Castelao da Xunta, que non acudiu a recoller.[10]

Os premios que concede cada ano a Asociación de actores e actrices de Galicia ás artes escénicas, dende 1997, se denominan “Premios María Casares”. Ela aceptou esta honra.[11]

A actriz faleceu na súa casa de campo, Château de La Vergne, en Alloue en Poitou-Charentes, que deixou en herdanza á vila.[12] Na actualidade o Domaine de la Vergne é unha residencia para artistas e lugar de representacións.[13][14]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Les enfants du paradis (1944)[15]
  • Les dames du Bois de Boulogne (1945)
  • Roger-La-Honte (1945)
  • La revanche de Roger-La-Honte (1946)
  • L'Amour autour de la maison (1946)
  • El prisionero de Parma / La Chartreuse de Parme (1947)
  • Bagarres (1948)
  • La septième porte (1948)
  • L'Homme que revient de loin (1949)
  • Orfeo / Orphée (1950)
  • Ombre et lumière (1950)
  • O testamento de Orfeo (1960)
  • La novicia musulmana / Flavia, la monaca musulmana (1974)
  • L'Adieu nu (1975)
  • Blanche et Marie (1984)
  • De sable et de sang (1987)
  • La lectora / Le lectrice (1988)
  • Monte bajo (1989)

Teatro[editar | editar a fonte]

Albert Camus, parella de María Casares, en 1957.
  • 1942: Deirdre des douleurs de John Millington Synge, dirixido por Marcel Herrand, Théâtre des Mathurins.
  • 1943: Solness le constructeur de Henrik Ibsen, dirixido por Marcel Herrand, Théâtre des Mathurins.
  • 1943: Le Voyage de Thésée de Georges Neveux, dirixido por Jean Marchat, Théâtre des Mathurins.
  • 1944: Le Malentendu de Albert Camus, dirixido por Marcel Herrand, Théâtre des Mathurins.
  • 1944: Les Noces du rétameur de John Millington Synge, Théâtre des Mathurins.
  • 1944: Federigo de René Laporte, Théâtre des Mathurins.
  • 1945: Les Frères Karamazov de Fedor Dostoïevski, dirixido por André Barsacq, Théâtre de l'Atelier.
  • 1946: Divines paroles de Ramón del Valle-Inclán, dirixido por Jean Marchat, Théâtre des Mathurins.
  • 1946: Roméo et Jeannette de Jean Anouilh, dirixido por André Barsacq, Théâtre de l'Atelier.
  • 1947: Les Épiphanies de Henri Pichette, dirixido por Georges Vitaly, Théâtre des Noctambules.
  • 1948: L'État de siège de Albert Camus, dirixido por Jean-Louis Barrault, Théâtre Marigny.
  • 1948: La Maison de Bernarda Alba de Federico García Lorca, dirixido por Roger Leenhardt.
  • 1949: Le Roi pêcheur de Julien Gracq, dirixido por Marcel Herrand, Théâtre Montparnasse.
  • 1949: Les Justes de Albert Camus, dirixido por Paul Œttly, Théâtre Hébertot: Dora Doulebov.
  • 1951: La Seconde de Colette, dirixido por Jean Wall, Théâtre de la Madeleine.
  • 1951: Le Diable et le Bon Dieu de Jean-Paul Sartre, dirixido por Louis Jouvet, Théâtre Antoine: Hilda.
  • 1952: Six personnages en quête d'auteur de Luigi Pirandello, dirixido por Julien Bertheau, Comédie-Française.
  • 1952: Dom Juan de Molière, dirixido por Jean Meyer, Comédie-Française: Elvire.
  • 1952: Le Roi Jean de William Shakespeare, Festival d'Angers.
  • 1952: Jeanne d'Arc de Charles Péguy, dirixido por Charles Gantillon, Festival de Lyon-Charbonnières.
  • 1953: Le Carrosse du Saint Sacrement de Prosper Mérimée, dirixido por Jacques Copeau, Comédie-Française.
  • 1953: La Dévotion de la croix de Pedro Calderón de la Barca, adaptation Albert Camus, dirixido por Marcel Herrand, Festival d'Angers.
  • 1953: Les Esprits de Pierre de Larivey, dirixido por Albert Camus, Festival d'Angers.
  • 1953: Mithridate de Racine, dirixido por Jean Marchat, Festival d'Angers.
  • 1954: L'Ennemi de Julien Green, dirixido por Fernand Ledoux, Théâtre des Bouffes-Parisiens.
  • 1954: Jedermann de Hugo von Hofmannsthal, dirixido por Charles Gantillon, Festival de Lyon.
  • 1954: Macbeth de William Shakespeare, dirixido por Jean Vilar, Festival de Aviñón: Lady Macbeth.
  • 1954: Le Père humilié de Paul Claudel, dirixido por Pierre Franck, Festival de Lyon.
  • 1955: La Ville de Paul Claudel, dirixido por Jean Vilar, Festival de Aviñón, Lâla.
  • 1955: Marie Tudor de Victor Hugo, dirixido por Jean Vilar, Festival de Aviñón: Marie.
  • 1956: Macbeth de William Shakespeare, dirixido por Jean Vilar, Festival de Aviñón: Lady Macbeth.
  • 1956: Le Triomphe de l'amour de Marivaux, dirixido por Jean Vilar.
  • 1956: Platonov de Antón Chéjov, dirixido por Jean Vilar.
  • 1958: Le Triomphe de l'amour de Marivaux, dirixido por Jean Vilar, Festival de Aviñón: Léonide.
  • 1958: Marie Tudor de Victor Hugo, dirixido por Jean Vilar, Festival de Aviñón: Marie.
  • 1958: Le Cid de Corneille, dirixido por Jean Vilar.
  • 1958: Le Carrosse du Saint Sacrement de Prosper Mérimée, dirixido por Jean Vilar.
  • 1958: Phèdre de Racine, dirixido por Jean Vilar.
  • 1959: Le Songe d'une nuit d'été de William Shakespeare, dirixido por Jean Vilar, Festival de Aviñón.
  • 1960: L'Œuvre de Lorca (anthologie de ses poèmes, Festival de Montauban.
  • 1960: Hamlet de William Shakespeare, dirixido por Claude Barma, Grand Théâtre de la Cité Carcassonne.
  • 1960: Cher Menteur de Jerome Kilty, Théâtre de l'Athénée.
  • 1961: À la recherche de Dom Juan de Maurice Béjart, Opéra National de Bruselas.
  • 1963: Yerma de Federico García Lorca, dirixido por Margarita Xirgu, Teatro San Martín Buenos Aires.
  • 1963: La Reine verte de Maurice Béjart, musique Pierre Henri, Théâtre Hébertot.
  • 1964: Divines Paroles de Ramón del Valle-Inclán, dirixido por Jorge Lavelli, Teatro Coliseo Buenos Aires.
  • 1965: Les Enchaînés de Eugene O'Neill, dirixido por Jorge Lavelli, Théâtre Récamier.
  • 1965: Le Repos du septième jour de Paul Claudel, dirixido por Pierre Franck, Théâtre de l'Œuvre.
  • 1966: Les Paravents de Jean Genet, dirixido por Roger Blin, Théâtre de l'Odéon.
  • 1967: Le Triomphe de l'amour de Marivaux, dirixido por Jean Vilar, Festival du Marais.
  • 1967: Henry VI de William Shakespeare, dirixido por Jean-Louis Barrault, Théâtre de la Porte Saint-Martin : Marguerite d'Anjou.
  • 1967: Médée de Séneca, dirixido por Jorge Lavelli, Festival de Aviñón: Médée.
  • 1968: La Nuit obscure de San Juan de la Cruz, coreografía de Maurice Béjart, Théâtre de la Monnaie Bruselas, Festival de Aviñón.
  • 1968: La Nuit obscure de San Juan de la Cruz, coreografía de Maurice Béjart, Festival de Aviñón.
  • 1969: À la recherche de... de Maurice Béjart, Théâtre de la Monnaie Bruselas.
  • 1969: Mère Courage de Bertolt Brecht, dirixido por Jean Tasso, Bobino.
  • 1969: La Danse de mort de August Strindberg, dirixido por Claude Régy, TNP Théâtre de Chaillot.
  • 1970: Early morning de Edward Bond, dirixido por Georges Wilson, Festival de Aviñón.
  • 1970: Le Borgne est roi de Carlos Fuentes, dirixido por Jorge Lavelli, Festival de Aviñón: Donata.
  • 1971: Le Borgne est roi de Carlos Fuentes, dirixido por Jorge Lavelli, Espace Cardin: Donata.
  • 1971: Les Cuisines du château de Claude Cyriaque, Théâtre de Malakoff.
  • 1972: Les Frères Karamazov de Fedor Dostoïevski, dirixido por Georges Vitaly, Théâtre Graslin.
  • 1972: La Célestine de Fernando de Rojas, dirixido por Jean Gillibert, Festival de Châteauvallon.
  • 1973: Penthésilée de Heinrich von Kleist, dirixido por Jean Gillibert, Festival de Châteauvallon.
  • 1973: Bajazet de Racine, dirixido por Jean Gillibert, Petit Odéon.
  • 1975: Amers de Saint-John Perse, dirixido por Guy Shelley.
  • 1975: Via 2 de Jean-Henri Meunier.
  • 1976: Les Revenants de Henrik Ibsen, dirixido por Pierre Maxence, Maison de la Culture de Grenoble.
  • 1976: Le Repoussoir de José Luis Alonso, Madrid.
  • 1977: La Mante polaire de Serge Rezvani, dirixido por Jorge Lavelli, Théâtre de la Ville.
  • 1978: Faust de Christopher Marlowe, dirixido por Jean-Marie Patte, Festival d'Automne de Paris.
  • 1978: La Première de Ohm Cromwell, dirixido por Valerio Popesco Bruselas.
  • 1978: Agamemnon de Esquilo, dirixido por Jean Gillibert, Festival de Châteauvallon.
  • 1980: Œdipus Rex de Igor Stravinskii, libreto de Jean Cocteau, dirixido por Jorge Lavelli, Opéra de París.
  • 1980: Britannicus de Racine, dirixido por Jean Meyer, Théâtre des Célestins.
  • 1980: Le Conte d'hiver de Shakespeare, dirixido por Jorge Lavelli, Festival de Aviñón, Théâtre de la Ville, temps.
  • 1981: Peer Gynt de Henrik Ibsen, dirixido por Patrice Chéreau, Théâtre de la Cité Villeurbanne, Théâtre de la Ville.
  • 1982: Les Possédés de Fiódor Dostoievski, dirixido por Denis Llorca, Festival de Aviñón.
  • 1983: Les Paravents de Jean Genet, dirixido por Patrice Chéreau, Théâtre des Amandiers: la mère.
  • 1984: Le Sacre de la naissance de Saint-John Perse a partir de Sófocles, dirixido por Denis Llorca, Nouve de Besançon.
  • 1985: La Nuit de Madame Lucienne de Copi, dirixido por Jorge Lavelli, Festival de Aviñón, Théâtre de la Commune: Vicky Fantomas.
  • 1986: Elle est là de Nathalie Sarraute, dirixido por Michel Dumoulin, Festival de Aviñón, Théâtre de la Villette.
  • 1986: L'Usage de la parole de Nathalie Sarraute, dirixido por Michel Dumoulin, Festival de Aviñón, (lectura).
  • 1986: Tropismes de Nathalie Sarraute, dirixido por Michel Dumoulin, Festival de Aviñón.
  • 1986: Quai Ouest de Bernard-Marie Koltès, dirixido por Patrice Chéreau, Théâtre Nanterre-Amandiers: Cécile.
  • 1987: Ce soir on improvise de Luigi Pirandello, dirixido por Lucian Pintilie, Théâtre de la Ville.
  • 1988: Les Chevaliers de la Table Ronde de Denis Llorca, Nouve de Besançon.
  • 1988: Hécube de Eurípides, dirixido por Bernard Sobel, Théâtre de Gennevilliers.
  • 1989: La vie que je t'ai donnée de Luigi Pirandello, dirixido por Michel Dumoulin, Théâtre Hébertot: Donn'Anna Luna.
  • 1989: Le Dépôt des locomotives de Michel Diaz, dirixido por Georges Vitaly, Théâtre Mouffetard.
  • 1990: "Elle" de Jean Genet, dirixido por Bruno Bayen, Théâtre de Gennevilliers.
  • 1990: Tartufo de Molière, dirixido por Bernard Sobel, Théâtre de Gennevilliers: Madame Pernelle.
  • 1991: Les Comédies barbares de Ramón María del Valle-Inclán, dirixido por Jorge Lavelli, Festival de Aviñón Théâtre national de la Colline: Dona Maria.
  • 1991: Vie de la révolutionnaire Pélagie Vlassova de Tver de Bertolt Brecht, dirixido por Bernard Sobel, Théâtre de Gennevilliers.
  • 1992: Oreste de Vittorio Alfieri, dirixido por Jean Gillibert, Maison des arts et de la culture de Créteil.
  • 1993: Ostinato de Louis-René des Forêts, dirixido por Michel Dumoulin, Festival de Aviñón: voix off.
  • 1993: Threepenny Lear de William Shakespeare, dirixido por Bernard Sobel, Théâtre de Gennevilliers: Le Roi Lear.
  • 1993: Mein Kampf de George Tabori, dirixido por Jorge Lavelli, Théâtre national de la Colline.
  • 1994: Les Géants de la montagne de Luigi Pirandello, dirixido por Bernard Sobel, Théâtre de Gennevilliers: Isle.
  • 1995: Dostoievsky va a la plage de Marc Antonio de la Parra, dirixido por Frank Hoffmann, Théâtre national de la Colline: Teresa.
  • 1996: Les Œuvres complètes de Billy the Kid de Michael Ondaatje, dirixido por Frank Hoffmann, Théâtre national de la Colline: Celsa Gutiérrez.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1961: Prix du Brigadier pour Cher Menteur de Jerome Kilty, Théâtre de l'Athénée.
  • 1984: "Filla Predilecta" de A Coruña[11]
  • 1987: Medalla de ouro do mérito nas belas artes, do Ministerio de Cultura de España[16]
  • 1988: Medalla Castelao
  • 1988: Prix du Syndicat de la critique
  • 1988: candidatura ao premio Molière de la comédienne
  • 1989: Molière de la comédienne
  • 1989: candidatura ao premio César de la meilleure actrice dans un second rôle
  • 1990: Grand Prix National du Théâtre[17]
  • 1990: Lexión de Honor Francesa[11]
  • 1990: Medalla Castelao de la Xunta de Galicia[11]

O concello da Coruña dedicoulle unha rúa no Polígono de Elviña.[18]

Premios María Casares[editar | editar a fonte]

Algúns dos premiados nos María Casares do 2014.

No 1996, a petición da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena, María Casares aceptou que os premios de teatro de Galiza levasen o seu nome (Premios María Casares), pero a morte impediulle asistir á súa primeira edición.

Obras sobre María Casares[editar | editar a fonte]

Parte da súa vida é novelada por Manuel Rivas en Os libros arden mal (2006) e en Memorias de cidades sen luz (2008) de Inma López Silva. O proxecto audiovisual Proyecto C3 homenaxeouna na curtametraxe Crea: María Casares (2013), con Noelia Toledano como actriz principal, xunto a Maruxa Mallo e Carolina Otero.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martí, Octavi (23-11-1996). "Muere María Casares, gran trágica del teatro". El País (en castelán). Consultado o 28-5-2016. 
  2. Maria CASARES, biographie et filmographie illustrées
  3. Conservation des Hypothèques d'Angoulême
  4. "O amor entre María Casares e Albert Camus: “Estou que ardo, por dentro, por fóra. Todo arde...”". Galicia Confidencial. 11-11-2017. Consultado o 11-2-2018. 
  5. ""El adefesio", un acto teatral pleno de significados". ABC (en castelán). 26-9-1976. Consultado o 3-3-2011. 
  6. Rivas, Manuel (19-10-1997). "Paseo en burro con Casares". El País (en castelán). Consultado o 27-5-2016. 
  7. Legs enregistré le 26 septembre 1985 auprès de Maître Boursier, notaire à Confolens, Charente (vol. 2111, nº 9 - source : Service de la Publicité Foncière - ex-Conservation des Hypothèques - Angoulême 2, 1 rue de la Combe, CS72513 Soyaux, 16025 Angoulême cedex).
  8. "KAFFEKANTATE: Cartas en el exilio". 
  9. As memorias da actriz galega María Casares, recollidas en 'Residente privilexiada', serán reeditadas este ano
  10. Una casa, una buhardilla y también un instituto
  11. 11,011,111,211,3 Hermida Mondelo, Sabela (5-2-2015). "María Casares: do trasterro ó exilio". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 18 (Núm. especial): 275–282. ISSN 1138-9664. 
  12. Jean-Pierre Thibaudat (6-7-2002). "La Vergne, habitée par Maria Casarès". Libération Next (en francés). Consultado o 11-2-2018. 
  13. Logis de la Vergne, maison de Maria Casarès à Alloue
  14. La maison du comédien Maria Casarès
  15. [1]
  16. "REAL DECRETO 1688/1987 de 30 de diciembre por el que se concede la Medalla al mérito en las Bellas Artes en su categoria de Oro a las personas que se citan" (PDF). Boletin Oficial del Estado (en castelán) (Madrid) (158): 34661. 30-12-1987. Consultado o 11-12-2014. .
  17. La actriz María Casares recibe el gran premio del teatro francés
  18. El Ayuntamiento de A Coruña recibe 26 ofertas para remodelar las plazas de María Casares y de la avenida de Oleiros, en Elviña
  19. Mujeres que caminan, cimentan y crean

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=María_Casares&oldid=4746661"