María Dolores Pradera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Dolores Pradera
María Dolores Pradera.jpg
Nome completoMaría Dolores Fernández Pradera
AliasLa Gran Señora de la Canción
Nacemento29 de agosto de 1926 (91 anos)
OrixeMadrid, España
Falecemento28 de maio de 2018
Madrid,
 Madrid
CónxuxeFernando Fernán Gómez
FillosHelena Fernán Gómez
OcupaciónCantante e actriz
XéneroBolero, rancheira, balada romántica, folclore e copla.
Instrumento(s)Voz
Tempo en activo1950 - presente
editar datos en Wikidata ]

María Dolores Fernández Pradera, nada en Madrid o 29 de agosto de 1926 e finada en Madrid o 28 de maio de 2018 coñecida artisticamente como María Dolores Pradera, foi unha cantante melódica e actriz española.

É unha das intérpretes do seu país que acadou maior fama internacional pola súa voz e por difundir en España a canción popular latinoamericana e a obra dos seus máis grandes autores.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Madrid e durante a súa infancia viviu entre España e Chile, onde seu pai, asturiano, tiña negocios. Na década de 1940 comezou a traballar como actriz de cinema e teatro, á vez que evidenciaba os seus dotes para o canto. Interveu en filmes como Yo no me caso (1944, de Juan de Orduña) e en compañía de Fernando Fernán Gómez en Los habitantes de la casa deshabitada (1946, de Gonzalo Delgrás) e Vida en sombras (1948, de Lorenzo Llobet Gracia). Con Fernán Gómez estivo casada desde 1947 até 1959 e tiveron dous fillos, Helena e Fernando.

Posteriormente actuou en diversos teatros de España, Francia e México, representando obras de Enrique Jardiel Poncela, José Zorrilla, Federico García Lorca ou Edmond Rostand.

Como cantante, estivo acompañada durante moitos anos polos guitarristas Santiago e Julián López Hernández, coñecidos como Los Gemelos. Interpretou con grande éxito internacional as cancións de compositores como o mexicano José Alfredo Jiménez, a peruana Chabuca Granda, o cubano Miguel Matamoros, o uruguaio Alfredo Zitarrosa, o arxentino Atahualpa Yupanqui, a chilena Violeta Parra, ademais de moitos outros autores latinoamericanos. A súa voz suave e a súa perfecta dicción en diversos rexistros -baladas, boleros, coplas, rancheiras, fados etc.-, así como os seus grandes dotes dramáticos sobre o escenario, converteron as súas versións de "Flor de la canela", "Fina estampa", "Limeña" ou "El Rosario de mi Madre", clásicos peruanos, en clásicos da canción popular en fala hispana. Precisamente a súa versión de "El Rosario de mi Madre" estreada en 1961 polo grupo peruano Los Troveros Criollos deu a volta ao mundo.

Obtivo numerosos galardóns españois e internacionais, tanto pola súa faceta teatral como pola súa carreira como cantante, como o Premio Nacional de Teatro, a Medalla de Belas Artes e o Premio Lara. Entre os seus últimos traballos atópanse diversas colaboracións con Joaquín Sabina ou Rosana, sen esquecer o seu disco homenaxe a Carlos Cano, cantautor andaluz co que fixo a xira "Amarraditos". En 2006 publicou un novo álbum xunto a Los Sabandeños, titulado Al cabo del tiempo, que logrou ser disco de ouro.

En 2007 lanza un recompilatorio en CD e DVD titulado En buena compañía, que recolle os seus mellores duetos con artistas do talle de Joaquín Sabina, Caetano Veloso, Rosana, Víctor Manuel ou Maria del Mar Bonet.

En novembro de 2008 publica Te canto un bolero acompañada por Los Sabandeños e seleccionando once boleros entre o mellor do repertorio clásico, onde se inclúen cancións como "Contigo en la distancia", "Cómo han pasado los años" (moi popular na voz de Rocío Dúrcal), "Camino Verde", "En un rincón del alma" ou "No sé por qué te quiero".

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Inés de Castro (1944), de Manuel Augusto García Viñolas.
  • Yo no me caso (1944), de Juan de Orduña.
  • Noche decisiva (1945), de Julio de Fleischner.
  • Los habitantes de la casa deshabitada (1946), de Gonzalo Delgrás.
  • Embrujo (1947), de Carlos Serrano de Osma.
  • Tiempos felices (1950), de Enrique Gómez.
  • Niebla y sol (1951), de José María Forqué.
  • Vida en sombras (1952), de Lorenzo Llobet Gracia.
  • Vuelo 971 (1953), de Rafael J. Salvia
  • Fantasía española (1953), de Javier Setó.
  • La danza de los deseos (1954), de Florián Rey.
  • Zalacaín el aventurero (1955), de Juan de Orduña.
  • Carlota (1958), de Enrique Cahen Salaberry.
  • Hay alguien detrás de la puerta (1960) de Tulio Demicheli.
  • Cena de matrimonios (1962), de Alfonso Balcázar.
  • Lección de Toledo (1966), de José Luis Borau.
  • La Orilla (1971), de Luis Lucia.

Teatro (selección)[editar | editar a fonte]

Discografía recente[editar | editar a fonte]

  • Te canto un bolero (2008)
  • En buena compañía (2007)
  • Al cabo del tiempo (2006)
  • Ellas cantan así (2003)
  • Canciones del alma (2003)
  • A Carlos Cano (2001)
  • As de corazones (1999)
  • Reverdecer (1997)
  • Caminemos (1996)
  • Caballo viejo (1992)
  • Por derecho (1992)
  • Amarraditos (1992)
  • A mis amigos (1990)
  • Homenaje a Chabuca Granda (1990)
  • María Dolores (1989)

Algunhas cancións coñecidas[editar | editar a fonte]

  • "El tiempo que te quede libre" de José Ángel Espinoza "Ferrusquilla"
  • "Amarraditos" de Belisario Pérez e Margarita Durán
  • "En un rincón del alma" de Alberto Cortez
  • "Dos amores" de Pepe Aguilar
  • "Limeña" de Augusto Polo Campos
  • "Amanecí en tus brazos" de José Alfredo Jiménez
  • "Procuro olvidarte" de Manuel Alejandro
  • "Cariño malo" de Augusto Polo Campos
  • "A Dios le pido" de Juanes
  • "El ausente" de Consuelo Castro
  • "Cuando vivas conmigo" de José Alfredo Jiménez
  • "Gracias a la vida" de Violeta Parra
  • "Luna Tucumana" de Atahualpa Yupanqui
  • "La flor de la canela" de Chabuca Granda
  • "El día que se hizo tarde" de Rosana
  • "El rosario de mi madre" de Mario Cavagnaro
  • "De carne y hueso" de Graciela Tobón
  • "Pa' todo el año" de José Alfredo Jiménez
  • "Fina estampa" de Chabuca Granda
  • "Toda una vida" de Osvaldo Farrés
  • "Jugar por jugar" de Joaquín Sabina
  • "Amor de mis Amores" de Agustín Lara
  • "Caballo Viejo" de Simón Díaz

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=María_Dolores_Pradera&oldid=4931187"