María Josefa Casabella Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
María Josefa Casabella Fernández
  Ourol
Falecemento 16 de abril de 1938
  Ourol
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

María Josefa Casabella Fernández, nada en Ourol e finada no mesmo concello o 16 de abril de 1938, foi unha labrega galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa casa do Candedo refuxiábase o fuxido Alejandro Temblás Paz. O 16 de abril de 1938 foi recoñecido e denunciado e un grupo de falanxistas e gardas civís rodearon a casa para detelo. Alejandro logrou escapar do cerco saltando por unha fiestra, pero Felicitas Casabella Fernández, a irmá de María Josefa, morreu polas balas ou pola metralla das granadas. María Josefa e a súa sobriña Encarna Casabella Fernández, de trece anos de idade, saíron a aira co compromiso dos falanxistas de respectar as súas vidas, pero foron asasinadas na porta da casa. Os falanxistas queimaron a vivenda, mataron o gando e logo festexaron a orxía de sangue ceando uns cabritos confiscados na casa nunha taberna próxima.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=María_Josefa_Casabella_Fernández&oldid=4672552"