María Moliner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Moliner
Nome completoMaría Juana Moliner y Ruiz
Nacemento30 de marzo de 1900
 Paniza
Falecemento21 de xaneiro de 1981
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Zaragoza
OcupaciónBibliotecónoma e Lexicógrafa
Coñecido/a porDiccionario de uso del español
editar datos en Wikidata ]

María Moliner, nada en Paniza, Zaragoza, en 1900 e finada en Madrid en 1981, foi unha bibliotecónoma e lexicógrafa española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla dun médico rural. Licenciouse en Historia en 1921 (Facultade de Filosofía e Letras, Universidade de Zaragoza). Traballou como funcionaria do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos entre 1922 e 1970. Casou co catedrático de Física Fernando Ramón e Ferrando en 1925, tivo 4 fillos. A súa candidatura á Real Academia Española en 1972 foi rexeitada.

Activa promotora da difusión cultural a través das bibliotecas durante a República, a través das Bibliotecas Populares.

Autora do prestixioso Diccionario de uso del español, unha das principais obras da lexicografía en lingua española, no que traballou dende 1952. A primeira edición desta obra foi publicada en 1966-67 pola editorial Gredos. Aínda que a autora continuou traballando en dita obra para preparar unha nova edición, a segunda edición non saíu ao mercado ata 1998 (logo da morte de María Moliner) en dous volumes e CD-ROM, así como unha edición abreviada nun tomo.

Comunica respecto diso o seu fillo Fernando Ramón Moliner: a "segunda edición", con tódalas súas alteracións e modificacións, é unha edición apócrifa: a miña nai caeu doente (de alzhéimer), non se decatou de nada e non lle puido dar ningún consentimento consciente.

No ano 2000 celebrouse o centenario do seu nacemento.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "2 Centenario del nacimiento de María Moliner". www.mariamoliner.com (en castelán). Consultado o 29/4/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=María_Moliner&oldid=5132341"