María Teresa Miras Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Teresa Miras Portugal
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento 19 de febreiro de 1948
  O Carballiño
Nacionalidade España
Educada en Universidade de Santiago de Compostela e Universidade Complutense de Madrid
Ocupación bióloga, farmacéutica, bioquímica, bióloga molecular, investigadora e catedrática
Premios Premio de Investigación Miguel Catalán e Medalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

María Teresa Miras Portugal, nada no Carballiño o 19 de febreiro en 1948, é unha científica galega, catedrática de bioquímica e bioloxía molecular da Universidade Complutense de Madrid (UCM), e presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou farmacia, primeiro na Universidade de Santiago de Compostela, para pasar a finalizar estes estudos na Universidade Complutense de Madrid con Premio Extraordinario e Premio Nacional da Licenciatura de Farmacia en 1971. Ademais, dende 1975 é Docteur Sciences pola Universidade de Estrasburgo, obtendo tamén o Doutoramento en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid. Dende 1982 é catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular nas Universidades de Oviedo, Murcia e Complutense de Madrid. Dedicouse á investigación durante máis de 40 anos.[4]

Está especializada no estudo dos receptores de nucleótidos e a súa repercusión en doenzas neurodexenerativas, e a súa investigación diríxese fundamentalmente ás neurociencias (funcionamento sináptico, neurotransmisión mediada por nucleótidos, interacción de neurotransmisores, etc.).

Publicou máis de 200 artigos de investigación en revistas especializadas, e compaxina o seu labor docente e institucional coa investigación. En 2012, foi nomeada presidenta do Comité de Expertos para o estudo da necesidade de reformas na universidade española.[2]

Entre outros moitos premios e recoñecementos ó seu labor investigador e docente, no ano 2011 a Comunidade de Madrid concedeulle o Premio de Investigación Miguel Catalán, por toda a súa traxectoria profesional e, en 2016 recibiu a Medalla Castelao.[5]

Está casada e ten dous fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ranf.com (ed.). "Perfil na Real Academia Nacional de Farmacia". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  2. 2,02,1 SEBBM (ed.). "La universidad española necesita una profunda revisión". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  3. Tribuna Complutense (ed.). "Parece que en España no estamos orientados a obtener un beneficio de las ideas". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  4. madridmas (ed.). "En Ciencia sin imaginación se envejece rápido". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  5. "Medallas Castelao 2016", El Progreso.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=María_Teresa_Miras_Portugal&oldid=4674192"