María Xosé Rodríguez Galdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Xosé Rodríguez Galdo
Nacemento23 de febreiro de 1949
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupacióneconomista
editar datos en Wikidata ]

María Xosé Rodríguez Galdo, nada en Ferrol o 23 de febreiro de 1949[1], é unha economista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Catedrática de Historia e Institucións Económicas, foi vicerreitora da Universidade de Santiago de Compostela (1984-1986), directora do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) (1986-1991), vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, directora do Centro de Estudios de Población y Análisis de las Migraciones (CEPAM) e do portal www.emigratio.com, e pertence ao CIFEX e ao Seminario Mulleres e Universidades da USC. Dende 2009 é directora do Centro de Estudos Avanzados – Casa Europa[2].

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A crise agraria de 1853 e a emigración galega a Cuba, 1977.
  • O fluxo migratorio dos séculos XVIII ó XX, 1995.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Señores y campesinos en Galicia, siglos XIV-XV, 1976.
  • Contribución española a la formación del mercado de trabajo en Argentina (1882-1926): una evaluación a partir de las listas de pasajeros argentinas, 2003.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Curriculum vitae" (PDF). Universidade de Alacant. Consultado o 20 de xuño de 2019. 
  2. "A profesora María Xosé Rodríguez Galdo tomará posesión como directora do Centro de Estudos Avanzados". usc.es. 29 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 23 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=María_Xosé_Rodríguez_Galdo&oldid=5179527"