María de Aragón (1482-1517)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María de Aragón
Infanta de Aragón e de Castela
Raíña consorte de Portugal
Portrait of Maria of Aragon, Belem Collection.JPG

Reinado 30 de agosto de 1500
7 de marzo de 1517
Nacemento 29 de xuño de 1482
Córdoba, Reino de Córdoba (Coroa de Castela)
Falecemento 7 de marzo de 1517 (34 anos)
Lisboa, Portugal
Predecesor Isabel de Aragón
Sucesor Leonor de Austria
Consorte Manuel I de Portugal
Descendencia Véxase Descendencia
Casa real Casa de Trastámara

Escudo de María de Aragón (1482-1517)
Escudo de María de Aragón

María de Aragón, nada en Córdoba o 29 de xuño de 1482 e finada en Lisboa o 7 de marzo de 1517, foi raíña de Portugal.

Cuarta filla dos Reis Católicos, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, foi raíña de Portugal como segunda esposa de Manuel I, falecido en 1521.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

María naceu en Córdoba, pertencente entón ao reino de Castela. A súa nai, Isabel, estaba embarazada de xemelgos. A primeira en nacer foi María. O segundo, varón, naceu morto.[2]

Nese mesmo ano, Boabdil arrebatou o trono ao seu pai Muley Hacén, converténdose no último rei nazarí de Granada.

María casou con dezaoito anos, o 30 de outubro de 1500, co rei Manuel I de Portugal, viúvo da súa irmá maior Isabel de Aragón desde 1498, continuando así coa política de sucesivas vodas entre as familias reais portuguesa e castelá-aragonesas, no intento de unir os reinos ibéricos que, nesa época, comprendían baixo unha coroa Portugal, Aragón e Castela.[1] Así, despois da morte de María, o rei Manuel I casaría con Leonor de Austria, filla de Xoana I de Castela e Filipe o Fermoso, e sobriña, por tanto, de María de Aragón. Porén, a política de alianzas matrimoniais entre España e Portugal non quedaría aí, xa que o futuro rei de Portugal, Xoán III, fillo de María de Aragón e Manuel I de Portugal, casaría con Catarina de Austria, filla menor de Xoana I de Castela e irmá de Carlos V, que estivo recluída durante toda a súa infancia en Tordesillas canda a súa nai.

Ademais doutros privilexios e doazóns, o rei concedeulle como dote as vilas de Viseu e Torres Vedras. María foi unha fervorosa partidaria do proxecto imperial manuelino de destruír as cidades santas islamitas de A Meca e Medina, anexionar o Imperio mameluco e conquistar os lugares santos da cristiandade, especialmente Xerusalén. En 1508 conseguiu do seu marido que pedira perdón polas intervencións destrutivas e violentas do pogromo contra os xudeus de 1506.

Morte e sepultura[editar | editar a fonte]

María morreu o 7 de marzo de 1517 en Lisboa a consecuencia do seu último parto, do que naceu un neno chamado Antonio en 1516, que viviu poucos días. A súa vida xa estaba en perigo cando estaba embarazada deste último, debido a seus numerosos partos.

Foi enterrada no Mosteiro dos Xerónimos de Belém, en Lisboa.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio con Manuel I de Portugal naceron dez fillos:

  • Xoán III, rei de Portugal (1502-1554).
  • Isabel de Portugal (1503-1539), casada co seu primo Carlos I de España, pais de Filipe II de España, I de Portugal desde 1580.
  • Beatriz (1504-1538), casada con Carlos III de Savoia, despoxado de case todos os seus estados en 1544 por Francisco I de Francia, nai de Manuel Filiberto de Savoia, un dos heroes da batalla de San Quintín.
  • Luis de Portugal, duque de Beja (1506-1555), casado secretamente con Violante Gómez a Pelicana, xudía, que morreu sendo monxa (outras fontes afirman que nunca houbo tal matrimonio entre eles).[3] Desta relación naceu Antonio, prior de Crato (1531 – 1595), que reclamou os dereitos ao trono luso en 1580 fronte ás pretensións de Filipe II de España, pese a ser ilexítimo.
  • Fernando, duque de Guarda e Trancoso (1507-1534), casado con Guiomar Coutinho, condesa de Marialva.
  • Afonso de Portugal, cardeal de Portugal (1509-1540).
  • María (1511-1513)
  • Henrique I, rei de Portugal (1512-1580).
  • Duarte de Portugal, IV duque de Guimarães (1515-1540), casado con Isabel de Braganza, cuxa filla a duquesa Catarina, disputó tamén os dereitos sucesorios ao trono portugués do seu primo irmán, Filipe II de España, I de Portugal. Duarte e Isabel foron bisavós de Xoán IV de Portugal.
  • Antonio (1516).

Antepasados de María de Aragón[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Xoán I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
8. Fernando I de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Leonor de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
4. Xoán II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Sancho de Castela
 
 
 
 
 
 
 
9. Leonor de Alburquerque
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Beatriz de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
2. Fernando II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Afonso Enríquez
 
 
 
 
 
 
 
10. Fadrique Enríquez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Xoana de Mendoza
 
 
 
 
 
 
 
5. Xoana Enríquez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Diego Fernández de Córdoba
 
 
 
 
 
 
 
11. Mariña Fernández de Córdoba
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Inés de Ayala
 
 
 
 
 
 
 
1. María de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Xoán I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
12. Henrique III de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Leonor de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
6. Xoán II de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Xoán de Gante
 
 
 
 
 
 
 
13. Catarina de Lancaster
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Constanza de Castela
 
 
 
 
 
 
 
3. Isabel I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Xoán I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
14. Xoán de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Filipa de Lancaster
 
 
 
 
 
 
 
7. Isabel de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Afonso I de Braganza
 
 
 
 
 
 
 
15. Isabel de Barcelos
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Beatriz Pereira de Alvim
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Isabel de Aragón
Raíña consorte de Portugal
1500 - 1517
Sucesor:
Leonor de Austria

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 "Maria (D.).". Portugal - Dicionário Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático e Artístico (en portugués). pp. 823–824. Consultado o 19 de setembro de 2017. 
  2. Liss, Peggy K. (1998). Isabel la Católica: su vida y su tiempo. Nerea. p. 192. ISBN 84-89569-27-4. Consultado o 19 de setembro de 2017. 
  3. Serrão, Joaquim Veríssimo (ed.). "António, Dom, Prior do Crato (1531-1595)". Volume I (A-D): páxina 157. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guimarães Sá, Isabel dos, e Michel Combet (2012): Rainhas consortes de D. Manuel I: Isabel de Castela, Maria de Castela, Leonor de Áustria. Lisboa: Circulo de Leitores. Serie: Rainhas de Portugal, nº 9. ISBN 978-97-2424-710-6.
  • Queralt del Hierro, María Pilar (2011): Las damas del rey. Barcelona: Roca Editorial. Serie: Histórica. ISBN 978-84-9918-282-7. Novela sobre as mulleres que rodearon a vida e o reinado dos Reis Católicos, as súas fillas e algunhas otras mulleres destacadas, como Margarita de Austria ou Leonor de Habsburgo.
  • Viera, David John (1994): A rare sixteenth century biography of Maria of Portugal: (1482-1517). Roma: Archivum Franciscanum Historicum.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=María_de_Aragón_(1482-1517)&oldid=4612119"