Mar de Somov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 67°S 160°L / -67, -160

O Mar de Somov forma parte do Océano Antártico.

Mar de Somov (en rusoМоре Сомова, trasliterado como Sodruzhetsva) é o nome proposto para un mar marxinal do Océano Antártico, situado ao sur do océano Pacífico, na zona oriental da Antártida Oriental, entre os meridianos 150°L e 170°L. A oeste fica o Mar de D'Urville, e ao leste do Cabo Adare, en 170°14' Leste, fica o Mar de Ross[1]. Ten unha área de 1 50 000 km² e unha profundidade de 3 000 m.[2]

O nome foi proposto pola delegación rusa para o proxecto de denominación de mares de 2002 da Organización Hidrográfica Internacional (OHI). Coa proposta pretendeuse nomenaxear ao oceanólogo e explorador polar ruso Mikhail Somov, que entre 1955 e 1957 foi o comandante da primeira expedición antártica soviética, Porén, o proxecto non foi aprobado aínda pola OHI e o documento de 1953, que non inclúe o "mar de Somov", continúa en vigor. As autoridades xeográficas e editores de mapas e atlas non inclúen o nome, agás as da esfera rusa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Antartic (1974)vol 7.New Zealand Antarctic Society (Incorporated), páx. 395
  2. Young, Jonah (2015). Southern Ocean: Oceanographer's Perspective. Ice Press. p. 70. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mar_de_Somov&oldid=4802531"