Marcelino Gómez Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Marcelino Gómez Arias
Marcelino Gómez Arias.jpg
Nacemento 5 de setembro de 1880
  Castropol
Falecemento 13 de marzo de 1924
  Crecente
Nacionalidade España
Ocupación xornalista e político
editar datos en Wikidata ]

Marcelino Gómez Arias, nado en Armeirín (Presno, Castropol) o 5 de setembro de 1880 e finado en Crecente o 13 de marzo de 1924, foi un xornalista e político republicano galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo mozo emigra a América dende o porto de Vigo, pasando antes por Angudes (Crecente), onde residía o seu irmán Segundo. Participou na Revolución Uruguaia de 1904. En outubro de 1905 regresa a Galicia e desde Angudes organiza o que sería a Partida de Crecente con mozos de Angudes, Rebordechán, Valongo, Cortegada e Trado, para a revolta republicana. A partida chegou a Bande o 27 de outubro, pero ante o fracaso do plan no Estado, vense obrigados a fuxir a Portugal. Marcelino marcha de novo a América. Instálase en Tandil onde participa na creación do Partido Republicano Español en la Argentina e funda o periódico La España Moderna. Coa intención de regresar a España, instálase en Portugal onde volve editar La España Moderna e despois El Clamor Español. Participou na Revolución Republicana Portuguesa de 1910. Instalado en Angudes, estableceu a granxa modelo Tierra Libre. Abandeirou a loita contra o caciquismo, contra os foros e contra o imposto de consumos no partido xudicial da Cañiza. Editou os periódicos Tierra Libre e El Amigo del Pueblo.

Foi presidente da Sociedad Española de Artistas Notables; e fundador, xunto cos mais destacados personaxes da cultura española, da Liga para a Defensa dos Dereitos do Home; é autor de múltiples obras e artigos, impulsor da unidade dos republicanos españois, e unha loita diaria sen cuartel a prol da República, os dereitos dos agrarios e contra do caciquismo. O seu pasamento chegou cando aínda non cumprira os 44 anos, despois dunha persecución sen límite polo caciquismo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Revolución uruguaya de 1904: sus operaciones en el sud. Bos Aires, Establecimiento La Leonesa, 1905.
  • Entre obreros: diálogo sociológico. Madrid, Biblioteca de La España Moderna, 1910.
  • La huelga. Madrid, Biblioteca de La España Moderna, 1910.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Marcelino_Gómez_Arias&oldid=4904849"