Marcelino Oreja Aguirre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marcelino Oreja Aguirre
I marqués de Oreja
Marcelino Oreja Aguirre
Marcelino Oreja en 2014

Escudo de España (1977-1981).svg
Ministro de Asuntos Exteriores
7 de xullo de 1976 – 8 de setembro de 1980
Presidente Adolfo Suárez
Precedido por José María de Areilza
Sucedido por José Pedro Pérez-Llorca

25 de xullo de 1989 – 28 de xuño de 1993

1 de marzo de 1979 – 6 de novembro de 1980

Datos persoais
Nacemento 12 de febreiro de 1935 (83 anos)
Madrid, Segunda República Española España
Partido UCD
PP (desde 1989)
Pais España España
Profesión Xurista, político e diplomático
Alma máter Universidade de Madrid

Marcelino Oreja Aguirre, nado en Madrid o 13 de febreiro de 1935, é un xurista, político e diplomático español. I marqués de Oreja. É tío do tamén político Jaime Mayor Oreja.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marcelino Oreja Aguirre pertence a unha familia de destacados empresarios e políticos tradicionalistas vascos. É fillo de Marcelino Oreja Elósegui, deputado tradicionalista e director da empresa Unión Cerrajera de Mondragón, que morreu asasinado durante a Revolución de outubro de 1934 por militantes uxetistas.[1] O seu tío Ricardo Oreja Elósegui foi tamén deputado polas filas tradicionalistas e ocupou un posto como procurador nas Cortes franquistas. Outro tío seu, Benigno, foi un prestixioso médico urólogo e ocupou tamén un posto como procurador nas Cortes.

Doutorado en Dereito pola Universidade de Madrid, formouse na carreira diplomática sendo destinado aos vinte e cinco anos ao gabinete do Ministro de Asuntos Exteriores durante a ditadura franquista. Membro do Grupo Tácito, vinculouse a movementos próximos á democracia cristiá e á dereita democrática representada pola Unión de Centro Democrático, foi nomeado Senador Real na Lexislatura Constituínte e ministro de Asuntos Exteriores durante a transición en 1976 no primeiro goberno de Adolfo Suárez, cargo que mantivo até 1980.

Nas eleccións xerais de 1979 foi elixido deputado ao Congreso pola provincia de Guipúscoa como cabeza de lista da candidatura da UCD. O 25 de novembro de 1980, foi nomeado delegado do Goberno no País Vasco, deixando o seu escano ao número dous por Guipúscoa, o seu sobriño Jaime Mayor Oreja. Ocupou o cargo até mediados de 1982. Tras a desintegración do seu partido nas eleccións de 1982, nas que obtivera a acta de deputado de novo, por Áraba na lista conxunta que presentaron no País Vasco Alianza Popular, o Partido Demócrata Popular, o Partido Demócrata Liberal e Unión de Centro Democrático. Foi Secretario Xeral do Consello de Europa en 1984. En 1989 foi elixido parlamentario europeo nas listas do Partido Popular e colaborou na redacción do primeiro borrador dun modelo de Constitución para a Unión Europea en 1993.

Posteriormente presentouse de novo ás eleccións en España en 1993 pola provincia de Álava nas filas do Partido Popular, sendo elixido deputado. Máis tarde foi designado Comisario Europeo de Transportes e Enerxía en 1994 e participou na elaboración do Tratado de Maastricht. Terminado o seu mandato en 1999, no que se ocupou de Relacións co Parlamento Europeo, relacións cos Estados Membros (en materia de Comunicación, Transparencia e Información), Cultura e Sector Audiovisual, Oficina de Publicacións, Asuntos Institucionais e Preparación da Conferencia Intergobernamental de 1996 (conxuntamente co Presidente Jacques Santer) abandonou a actividade política para dedicarse á empresa privada. É membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas e da Academia Europea de Ciencias e Artes. Tamén é Presidente do Instituto de Estudios Europeos da Universidade CEU San Pablo.[2]

O 9 de abril de 2010 foi nomeado marqués de Oreja[3] polo Rei Xoán Carlos I en recoñecemento á súa traxectoria.[4]

Está casado con Silvia Arburúa, filla do ex ministro franquista Manuel Arburúa de la Miyar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El último revolucionario, Diario Vasco, 30 de abril de 2006.
  2. "Instituto Universitario de Estudios Europeos". Consultado o 20 de abril de 2016. 
  3. Prutkov, Kozma, Annuaire de la Noblesse Moderne des Maisons Principales de l'Europe, Montréal, 2010 (ISSN 1925-5594) (fr)
  4. BOE Núm. 86 Viernes 9 de abril de 2010 Sec.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Marquesado de Oreja

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Marcelino_Oreja_Aguirre&oldid=4833943"