Marcial Gamboa Sánchez-Barcáiztegui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marcial Gamboa Sánchez-Barcáiztegui
Nacemento11 de outubro de 1906
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Marcial Gamboa Sánchez-Barcáiztegui, nado en Ferrol o 11 de outubro de 1906, foi un militar galego, designado como senador por Xoán Carlos I en 1977.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neto do militar e enxeñeiro Victoriano Sánchez Barcáiztegui, aínda que nacido en Ferrol, pasou a infancia no colexio de orfos da Armada en Madrid. Aos catorce ingresa na Escola Naval de Cádiz, de onde sae en 1925. Durante a Guerra Civil Española apoia o bando franquista e cobre o conflito en submarinos.

Posteriormente, e xa coa Escola Naval Militar instalada en Marín, foi profesor no centro de ensino e posterior subdirector. Estivo ao mando do cruceiro Méndez-Núñez. Comandante xeral do Arsenal de Cartaxena, na década dos cincuenta incorporouse ao Ministerio de Mariña, xa co rango de almirante. En 1969 é nomeado capitán xeral da Zona Marítima do Mediterráneo, posto no que permanece ata 1973, cando se retira.

Despois da súa xubilación pertenceu aos consellos de administración do Padroado de Casas da Armada, que presidiu, e ao da Empresa Nacional Santa Bárbara, dedicada á produción de armamento. En 1977 foi escollido polo rei Xoán Carlos I para integrar o Senado de España durante a lexislatura constituínte. Como independente, integrouse no grupo mixto. Tras as eleccións de 1977 retirouse da política.

Condecoracións[editar | editar a fonte]

  • Gran Cruz de María Cristina
  • Gran Cruz da Orde de San Hermenexildo
  • Gran Cruz ao Mérito Naval
  • Gran Cruz ao Mérito Militar
  • Gran Cruz ao Mérito Aeronáutico
  • Gran Cruz de São Bento de Avis
  • Comendador da Orde da Coroa de Tailandia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Marcial Gamboa Ballester, militar, e avó de Marcial Gamboa Pérez-Pardo, comandante e director á súa vez da Escola Naval Militar de Marín. Foi irmán do director de cinema José Luis Gamboa.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Marcial_Gamboa_Sánchez-Barcáiztegui&oldid=4974180"