Marea Atlántica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marea Atlántica
Iniciativa cidadá
Marea Atlantica.png
Dirixentes e organización
LíderXulio Ferreiro
Historia
Fundación22 de xullo de 2014
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda
Democracia participativa
Nacionalismo galego
Socialdemocracia
Representación
Concelleiros na Coruña
6 / 27
[1]
Outros datos
Publicaciónoquince.gal
Páxina webmareatlantica.org

Marea Atlántica é un movemento cidadán e político de esquerdas creado na cidade da Coruña cuxo primeiro obxectivo foi construír unha proposta política de converxencia de cara ás eleccións municipais de maio de 2015.

Gobernou en solitario o concello da Coruña entre xuño de 2015 e xuño de 2019, con Xulio Ferreiro como alcalde[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa presentación formal como movemento celebrouse o 22 de xullo de 2014.[3] O 26 de setembro, o seu manifesto conseguiu 2.500 sinaturas, unha condición que se marcara para continuar adiante co proceso de conformar unha candidatura unitaria.[4]

O profesor de dereito da Universidade da Coruña, Xulio Ferreiro, foi o candidato da Marea Atlántica nas eleccións municipais de maio de 2015[5]. No movemento participan diversos partidos políticos, como Esquerda Unida, Anova, Compromiso por Galicia, Podemos ou Equo.[6]

O 12 de marzo de 2015 foi inscrita no Rexistro de Partidos Políticos baixo as siglas MAREA[7].

No primeiro reconto de votos tras as eleccións foi a forza máis votada, con 36.842 votos fronte a 36.838 do PP, ambos os dous co 30,89% dos votos e 10 concelleiros[8]. Unha semana despois, a Xunta Electoral decidiu dar por válidos algúns dos votos reclamados dando como resultado final 36.885 votos ao PP fronte a 36.857 da Marea, co mesmo repartimento de concelleiros[9].

Dende o 13 de xuño de 2015 e ata o 15 de xuño de 2019, a Marea Atlántica gobernou en solitario a cidade da Coruña. Xulio Ferreiro foi nomeado alcalde co apoio dos votos de PSdeG-PSOE e BNG[2]. Na seguinte lexislatura non puido repetir os resultados e pasou a ser a terceira forza do concello, a segunda de esquerdas por detrás do PSdeG.

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Na súa primeira participación nuns comicios municipais en 2015 conseguiu un total de 10 concelleiros, os mesmos que o Partido Popular, o que lle permitiu o acceso ao goberno local. Marea Atlántica entrou tamén na Deputación da Coruña con tres deputados provinciais.[10]

Nas eleccións municipais de 2019 conseguiu seis escanos.[1]

Ano Candidato Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
2015 Xulio Ferreiro 10 concelleiros 30,88% 10 36 857 30,88% 36 857
2019 Xulio Ferreiro 6 concelleiros[1] 22,22% 4 25 290[1] 20,23%[1] 11 567

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Marea_Atlántica&oldid=5181084"