Margaret Mitchell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Margaret Mitchell
Margaret Mitchell NYWTS.jpg
Margaret Mitchell con 41 anos
Nome completoMargaret Munnerlyn Mitchell
AlcumeMargaret Mitchell
Nacemento8 de novembro de 1900 e 9 de novembro de 1900
 Atlanta
Falecemento16 de agosto de 1949
 Atlanta
Causaaccidente de tráfico
SoterradaXeorxia - Georgia
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enSmith College
Ocupaciónescritora, novelista, guionista e xornalista
Coñecido/a porGone with the Wind e Lost Laysen
PremiosNational Book Award e Georgia Women of Achievement
Margaret Mitchell signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Margaret Mitchell, nada en Atlanta o 8 de novembro de 1900 e finada na mesma cidade o 16 de agosto de 1949, foi unha escritora estadounidense dunha única obra, Gone with the Wind, que Victor Fleming inmortalizaría no cinema en 1939.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mitchell estudou no Smith College e máis tarde traballou como columnista e redactora do Journal of Atlanta, durante 4 anos, de 1922 a 1926, data en que comezou a escribir a súa popular novela, que non finalizará até dez anos despois. Este retrato romántico da vida no sur de Estados Unidos durante a Guerra de Secesión Americana contada a través da historia dunha familia xeorxiana converteuse de inmediato nun éxito de vendas e recibiu o premio Pulitzer en 1937. Até 1949 imprimíranse da obra 8 000 000 de exemplares e fora traducida a 30 idiomas. Anos máis tarde, en 1949, Margaret Mitchell faleceu xunto co seu marido atropelados por un taxi que pasaba a toda velocidade, o incidente foi comentado como unha gran traxedia.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Margaret_Mitchell&oldid=4708488"