Marguerite Bervoets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marguerite Bervoets
Marguerite Bervoets.jpg
Nacemento6 de marzo de 1914
 La Louvière
Falecemento7 de agosto de 1944
 Wolfenbüttel
NacionalidadeBélxica
Ocupaciónmembro da resistência
Signature Marguerite Bervoets - 1941.jpg
editar datos en Wikidata ]

Marguerite Bervoets, nada en 1914 e finada en 1944, foi unha resistente belga durante a Segunda Guerra Mundial.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesora en Tournai durante a invasión alemá, funda dende 1941 un semanario clandestino, La Délivrance. Arrestada e xulgada, foi executada en Alemaña o 7 de agosto de 1944.

En agosto de 1942, Marguerite Bervoets e Cécile Detournay, que daquela formaban parte da Lexión Belga, acceden aos arredores do campo de aviación de Chièvres co fin de fotografar unhas baterías antiaéreas recentemente instaladas. As dúas mozas levan un saco con provisións e unha cámara fotográfica. Comezan a tomar fotos cando un sentinela alemán sorpréndeas e lévaas ante un oficial. As mozas mostran o seu saco e din que elas ficaban nunha granxa veciña para recoller vituallas e afirman que elas querían só facer unhas fotos da paisaxe para terminar uns carretes fotográficos. Desgraciadamente, o lugartenente alemán ordena unha investigación. No domicilio de Marguerite, atópanse unhas armas. A moza que presentira o seu destino xa citara no instituto unha frase de Maeterlinck:

"É fermoso saber sacrificarse, xa que o sacrificio comporta felicidade a outros".

Despois duns meses na cadea hitleriana de Mons, Marguerite Bervoets e Cécile Detournay son deportadas a Alemaña para aí ser xulgadas. Marguerite é condenada a morte; Cécile a sete anos de traballos forzosos.

Dous anos máis tarde, o 7 de agosto de 1944, Marguerite Bervoets foi guillotinada nunha cadea nazi, en Wolfenbüttel ao mesmo tempo que outra figura da Resistencia belga, Fernande Volral. Cécile Detournay será ceibada pola tropas americanas en maio de 1945. Os xefes directos de Marguerite e de Cécile, Henri Deneubourg et Edouard Sourdeau, igualmente arrestados en agosto de 1942, foron tamén guillotinados na cadea de Wolfenbüttel o 1 de xuño de 1944.

En honor de Marguerite Bervoets, a escola de Mons (en Hainaut) onde fixo os tres derradeiros anos de humanidades leva o seu nome; é hoxe o Ateneo Real Marguerite Bervoets. Unha rúa de Mons leva igualmente o seu nome, e tamén unha rúa en Forest (Bruselas) e incluso unha rúa de Guyancourt (preto de París). Atópanse tamén varios monumentos tanto na Bélxica como noutros estados (por exemplo nas ribeiras do lago de Como).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Marguerite_Bervoets&oldid=5024702"