Mario Canda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mario Canda
Mario Canda Pérez.jpg
Nome completoMario Canda Pérez
Nacemento1913
 Ribadavia
Falecemento1936
 Ribadavia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e poeta
PaiEmilio Canda Adán
Xénerospoesía
editar datos en Wikidata ]

Mario Canda Pérez, nado en Ribadavia en 1913 e finado na mesma localidade a principios de febreiro de 1936[1], foi un xornalista e poeta galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo do escritor e publicista Emilio Canda Adán e de Sofía Pérez Castro (e irmán do xornalista e escritor Emilio Canda Pérez). Colaborou nos periódicos Tramancazos, El Eco del Condado, El Compostelano, Noticiero del Avia, Ris-Ras, Faro de Vigo e El Soplete. En 1928, en tempos da ditadura de Primo de Rivera, con quince anos de idade, o Noticiero del Avia (fundado polo pai) publícalle o libro de poemas Cantigas y Cantares, con prólogo, en lingua castelá, do presidente da RAG Eladio Rodríguez González (e portada de Xaime Prada) onde se atacan as correntes anovadoras de principios do século XX das que se desmarca o autor, inserido nas tendencias da literatura galega finisecular.[3][4][5]

…Mario Canda escrebe con sinxeleza, con inxenuidade, e a súa expresión é balboante, como corresponde aos seus poucos anos. Algúns ensaios de polimetría revelan a inexperiencia do moi mozo versificador. Os seus temas son sentimentáis, sociáis e folklóricos". [sic]

Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 565. ISBN 84-7154-227-7. 

Empregou o pseudónimo "4 ojos".[6]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Cantigas y Cantares, 1928. Imp. Noticiero del Avia (en galego).
  • Azul, 1932 (en castelán).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 6/2/1936, p. 10.
  2. Epistolario galego de Miguel de Unamuno CIRP. 2000.
  3. "Canda, Mario". Diccionario enciclopédico galego universal 12. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 92. ISBN 84-7680-429-6. 
  4. "Canda, Mario". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. 2010-2011. p. 174. 
  5. "Canda, Mario". Enciclopedia Galega Universal 4. Ir Indo. 1999-2002. p. 338. ISBN 84-7680-288-9. 
  6. "Mario Canda Pérez. Poeta e periodista" Asociación cultural Por un Ribeiro Poético, 1/3/2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mario_Canda&oldid=5125019"