Marta Ortega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marta Ortega Pérez
Nacemento1983
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade da Coruña e European Business School London
Ocupaciónempresaria
CónxuxeCarlos Torretta
FillosAmancio Álvarez Ortega (2013)
editar datos en Wikidata ]

Marta Ortega Pérez, nada na Coruña en 1983,[1] é unha empresaria galega, vicepresidenta de dúas sociedades do grupo Inditex.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Filla de Amancio Ortega, estudou Empresariais na Universidade da Coruña e completouno con estudos na European Business School de Londres.[2] En 2006 foi designada vicepresidenta das sociedades Gartler e Partler, que controlan o 50,01% e o 9,3% do grupo téxtil Inditex. O presidente desas dúas firmas é o seu pai.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Grande afeccionada á equitación, ten competido en probas de carácter internacional. Estivo casada co tamén xinete internacional español Sergio Álvarez Moya, do que se separou en 2014.[3] Teñen un fillo chamado Amancio, nado na Coruña o 5 de marzo de 2013.[4] Anteriormente fora o seu mozo o tamén xinete Gonzalo Testa.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Marta_Ortega&oldid=4992127"