Martiño I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Martiño I")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Martiño I, papa
Pope Martin I.jpg
Martiño I
Nacementovalor descoñecido
 Todi
Falecemento19 de setembro de 655
 Quersoneso
SoterradoBasílica de San Pedro
NacionalidadeImperio Bizantino
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico, diplomático, clérigo e sacerdote católico
Período649 a 655
Coñecido/a porser o papa n° 74 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Martiño I, nado en Todi (Umbría) e finado no Quersoneso (Crimea) o 16 de setembro de 655, foi o papa nº 74 da Igrexa católica de 649 a 655.

Pontificado[editar | editar a fonte]

Iniciou o pontificado convocando axiña o concilio que o seu predecesor Teodoro I non puido celebrar. Neste concilio, celebrado en Latrán condenouse o monotelismo que o emperador bizantino Constante II quería impoñer como solución de compromiso entre a ortodoxia cristiá e o monofisismo.

Decatándose da noticia da condena, Constante II fixo deter o papa polo exarca Calliopas de Rávena e ordenou o seu traslado á capital imperial. O exarca, á súa chegada a Roma, informa o clero que Martiño I fora deposto como papa. O mércores 19 xuño de 653, o papa foi embarcado con destino a Constantinopla, onde chega o 17 de setembro de 654, tras permanecer durante case un ano na illa de Naxos. Maltratado durante a travesía, Martiño chegou enfermo e debeu ser transportado sobre unha padiola.

En Constantinopla, tivo unha parodia de xuízo no Hipódromo, con cargos de herexía e inimigo do estado. Condenado a morte o 20 de decembro de 654. Martiño I foi vexado e insultado, privado das súas vestiduras, cargado de cadeas e a súa roupa sacerdotal rompeuse publicamente e colocóuselle unha pesada cadea ao colo.

Tras tres meses de prisión, o emperador conmutoulle a pena de morte pola de exilio en Crimea, onde chega o 15 de maio de 655, nunha situación física tan deplorable, debida ao maltrato sufrido dende a súa detención, que faleceu o 16 de setembro de 655.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Martiño_I,_papa&oldid=4717516"